Ribadeo, 2 de abril, 2025. O BNG de Ribadeo denuncia, unha vez máis, “a incapacidade do goberno municipal para arranxar os problemas nas pistas multideporte, que seguen coas redes caídas e as luces sen arranxar”. Alerta tamén “das mentiras do concelleiro de deportes que, nun primeiro momento, aseguraba que os arranxos estarían realizados a finais de febreiro, despois, a finais de marzo, e que xa en abril seguen sen solución. Demanda unha maior celeridade para que as pistas poidan ser utilizadas o maior tempo posible debido á grande demanda de uso que hai por parte da xuventude de Ribadeo”.
Martín Graña, concelleiro do BNG de Ribadeo afirma que: “As mentiras diarias do goberno municipal non cesan. A comezos de febreiro volvemos denunciar o lamentable estado de conservación das pistas multideporte que estaban coas redes caídas, a canastra que seguía sen colocarse e as luces sen acender. Naquel momento desde o goberno municipal saíron correndo a dicir que os arranxos estarían listos en “3 ou 4 semanas”. Ao pouco de rematar o prazo que eles mesmos deran volveron sacar outra nota decindo que estaría listo a “finais de marzo”. Xa estamos en abril e só foron capaces, hai tan só uns días, de volver colocar a canastra que tiñan tirada nun almacén municipal”.
Graña engadiu: “Parece que lles é máis doado facer notas de prensa que solucionar os problemas dos ribadenses. O prazo pasou e non se mostran capaces de dar respostas para unhas instalacións que son utilizadas de forma masiva pola mocidade do noso concello. Volvemos facer esta denuncia e volveremos facela as veces que faga falta mentres o goberno municipal non solucione o problema. Desde este grupo municipal recomendámoslle ao goberno que se preocupe menos de facer notas de prensa e de respostar á oposición e se poñan a traballar no importante. Solucionen os problemas; para iso lles deron a confianza”.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.


