O cadro mariñao cimentou a súa vitoria nun gran traballo defensivo e nunha segunda metade na que lle fixeron moito dano ao contragolpe aos líderes da Primeira División masculina
Burela, 5 de abril, 2025. O conxunto masculino do Burela FS logrou unha vitoria balsámica na visita a Vista Alegre do líder Servigroup Peñíscola (5-2), nun bo encontro do conxunto dirixido por David Rial. Nun partido trepidante, intenso e con moitas oportunidades para ambas escuadras, os burelistas foron moito máis eficaces no segundo período e levaron os tres puntos de forma xusta. Os mariñaos son o único conxunto ata o momento que foi capaz de derrotar aos de Santi Valladares na presente tempada, logo de que na primeira volta se impuxeran en terras castellonencas por 1-4. Con este triunfo, o Burela FS despide a vixésimo quinta xornada da Primeira División masculina con catro puntos de marxe sobre a zona de descenso.
O primeiro tempo comezou cunha acción individual pola á esquerda de Marc Campàs, pero o seu disparo ao primeiro pau era despexado por Gus. A resposta do cadro visitante chegou no minuto 5 por mediación de Juanico, que enganchou un zapatazo desde o costado dereito e poñíaa na escuadra para facer o 0-1. Praza tivo o segundo para os visitantes no 8, pero Kaluza voaba para despexar o lanzamento desde fóra da área do peñiscolano.
Na seguinte acción de perigo chegaba o empate local, nunha falta directa botada por Charly que pasaba por entre as pernas de Juanqui e aloxábase na meta de Gus. Rikelme tivo o segundo para os locais, pero o seu remate era repelido por Gus e despois era Kaluza o que taponaba un disparo de Víctor Pérez tras unha contra visitante.
Antes do descanso probárono os discípulos de David Rial por mediación de Pitero, con dous disparos, e de Alberto, nun balón que non lograba embolsar o meta de Peñíscola e sacaba un defensor despois. A réplica dos de Santi Valladares chegaba por medio de Luciano Gauna a dous segundos do intervalo, pero Kaluza aparecía para desviar un balón que ía en dirección á escuadra.
O segundo tempo comezou cun disparo cruzado de Pablo Muñoz que pegaba na base do pau e logo respondía Rikelme nunha contra que detiña Gus. No minuto 25 chegaba o 2-1 para os locais, nunha contra fulgurante conducida por Isma que finalmente cedía para que Araya anotase case a pracer no segundo pau.
O Burela FS crecía por momentos e Alberto gozaba dunha boa ocasión para facer o terceiro, pero non lograba conectar ben no segundo pau tras un córner executado por Juninho. Despois, nun novo contragolpe, era Araya o que remataba nunha posición franca, pero interpoñíase no lanzamento Diego Sancho.
Xa dentro dos últimos 7 minutos, Lucas Rocha tivo o empate nun tiro desde uns 9 metros, pero o balón íase rozando o pau. Mentres, Araya estaba preto de anotar o terceiro dos locais nun disparo que se ía ao pau nun man a man ante Gus. Segundos máis tarde chegaba o 3-1 por mediación de Rikelme. O brasileiro plantábase só ante o porteiro internacional español e batía ao toledano cun disparo que se coaba entre as súas pernas. Quedaban xa menos de 5 minutos para a conclusión e Valladares respondía cun tempo morto e sacando a Juanico como porteiro-xogador.
Xogando xa de cinco, os peñiscolanos tiveron unha opción moi clara nun balón ao segundo pau que remataba Diego Sancho, pero aparecía rapidísimo e providencial Kaluza. Posteriormente, tamén no segundo pau, era Praza o que remataba ao lateral da rede. Perdoaban os de Peñíscola, pero non o farían logo os de Burela nunha recuperación de Isma que cedía para Charly e o coruñés marcaba desde campo propio cando xa restaban menos de dous minutos para o bucinazo final.
Reducirían distancias os visitantes a 49 segundos da conclusión, nunha chegada ao segundo pau de Diego Sancho, pero non perigaría a vitoria local, xa que redondeaba a conta o canteirán Pitero a 14 segundos do final, levando o 5-2 ao electrónico e a éxtase á bancada de Vista Alegre.
Ficha Técnica Burela FS 5-2 Servigroup Peñíscola
Burela FS (5): Kaluza; Araya, Rikelme, Marc Campàs, Isma -quinteto inicial-, Juninho, Pitero, Charly e Quelle.
Servigroup Peñíscola (2): Gus; Cristian, Víctor Pérez, Pablo Muñoz, Diego Sancho -quinteto inicial-, Plaza, Luciano Gauna, Juanqui, Juanico, Pol Salas, Flores e Lucas Rocha.
Goles: 0-1, min. 5: Juanico. 1-1, min. 9: Charly. 2-1, min. 25: Araya. 3-1, min. 36: Rikelme. 4-1, min. 39: Charly. 4-2, min. 40: Diego Sancho. 5-2, min. 40: Pitero.
Árbitros: Francesc García-Donas Salvador e Iván López Galiano (Colexio Catalán). Amoestaron ao técnico local, David Rial, e a os futbolistas visitantes Juanqui e Plaza.
Incidencias: Encontro da vixésimo quinta xornada disputado no pavillón de Vista Alegre ante uns 900 espectadores. Nos prolegómenos, José Ruíz, presidente da Asociación de Jugadores de Fútbol Sala (AJFS) fíxolle entrega ao porteiro do Burela FS Michal Kaluza do premio ao Mellor Porteiro de 2ª División da tempada 2024/2025, galardón concedido pola asociación de xogadores. Así mesmo, o platel, o corpo técnico y e o club, por mediación do presidente, Manuel Blanco, fixéronlle entrega ao técnico dos mariñaaos, David Rial, dunha camiseta conmemorativa polos 100 primeiros partidos como adestrador laranxa.






















Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.


