Viveiro, 4 de abril, 2025. Un ano máis o CCHV segue ampliando a oferta de actividades da Semana Santa de Viveiro. Este ano o Juepeo do xoves 10 de Abril será “Tapeo de Cuaresma”, unha iniciativa posta en marcha en colaboración ca Xunta de Cofradías da Semana Santa de Viveiro, e na que por suposto, ó ser un tapeo de Cuaresma ningunha tapa leva carne.
As propostas do locais participantes son:

Este ano volveranse realizar as visitas guiadas polo Casco Histórico de Viveiro da man do historiador Xesús Martínez, tamén en colaboración ca Xunta de Cofradías de Viveiro.
Esta é xa a quinceava edición. 15 anos organizando estas visitas guiadas nunha das semanas mais importantes do ano na vila, (só se cancelaron no ano 2020 por mor da pandemia). Cabe resaltar o éxito obtido nas pasadas edicións. Dende o 2010, o primeiro ano que puxeron en marcha, a acollida foi moi boa, o que fai que se repitan un ano máis.
O obxetivo é dar a coñecer o patrimonio cultural e artístico, non só a visitantes, senón tamén ós lugareños, para os que a maioría das veces o máis cercano é o mais descoñecido. Con esta actividade poténciase o patrimonio material e inmaterial, a historia da vila e como redundou no resto de Galiza. “A mellor ventá para dar a coñecer o que somos e de onde vimos, toda a historia que encerran as nosas ruas, calexas, monumentos, arquitectura, en definitiva… descubrir os encantos dun dos cascos Históricos de mais sona da comarca”.
As visitas serán da man do viveirense Suso Martínez, Historiador e guía de turismo oficial. Colaborador en varios medios en asuntos de turismo e historia de Galicia.
Guía do Concello de A Coruña e guía na Semana Santa de Viveiro dende o 2010.
Horarios
Luns 14, martes 15 e mércores 16 de Abril ás 18:00 horas. Xoves Santo, 17 de Abril ás 12:00 horas. Venres Santo, 18 de Abril ás 13:00 horas, Sábado de Gloria, 19 de Abril ás 17:30 horas. Domingo de Resurrección, 20 de Abril, ás 13:00 horas
As visitas partirán todos os días dende a Praza Maior, cada unha é distinta, ningún día o percorrido será o mesmo, o que as fai moi amenas e interesantes.
Dende a Directiva da Asociación de Comerciantes do Centro Histórico de Viveiro “queremos agradecer a Suso Martinez que un ano máis acepte ser o guía destas visitas xa consolidadas no tempo e que tanto éxito acadan ano tras ano grazas ó seu bó facer”.
E por outro lado, “agradecer á Xunta de Cofradías o gran labor que levan a cabo coa organización e promoción da Semana Santa que tan importante é para todos o viveirenses, e a satisfacción que é para nos poder colaborar con eles na organización destas actividades”.
APERTURA XOVES SANTO
Este ano, o comercio de Viveiro abrirá as suas portas o festivo de Xoves Santo en horario de mañá, así se dicidiu pola maioria dos negocios. A apertura será de 11 a 14 horas, que é o horario de festivos. Nestas datas de moita afluencia de xente á vila e de dous días festivos consecutivos, o comercio abrirá para poder dar servizo comercial tanto á xente da vila como ós visitantes que se achegan estes días a Viveiro.




















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



