Antonio Ameijide afirma que con este segundo plan anunciado polo presidente da Deputación só se actuará en 120 quilómetros dos 4.217 que compoñen a rede viaria provincial (construída na súa totalidade por gobernos do PP) o que supón actuar unicamente no 2,7% da rede
Lugo, 26 de abril de 2025. O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, explica que “non vemos por ningures” o éxito do que presume José Tomé trala presentación do segundo plan de mellora de estradas provinciais para 2025.
Antonio Ameijide sinala que “se para PSOE e BNG é un éxito actuar unicamente no 9% dos 4.217 quilómetros” da rede viaria provincial “temos un serio problema xa que o abandono de case dúas décadas non aparece só no 9% dos quilómetros, senón na práctica totalidade dos 4.217”.
Este segundo plan anunciado por José Tomé contempla actuar unicamente en 120 quilómetros polo que “a palabra fracaso é máis axeitada que éxito”.
Entre ambos plans investiranse no arranxo das estradas provinciais 15,5M€, “aínda moi lonxe das cantidades das que presumiron no seu día PSOE e BNG”, recordando Antonio Ameijide como é preciso “un investimento moito maior e un plan serio para poñer fin a case dúas décadas de abandono e unha total falta de mantemento na rede viaria provincial.
TOTAL FALTA DE AMBICIÓN
Antonio Ameijide recorda como dende que comezou o mandato reclamamos a PSOE e BNG a posta en marcha dun plan de actuación na totalidade da rede viaria provincia, actuando primeiro ou dando prioridade a aquelas estradas nas que non se actuara durante máis tempo ou que por motivos de urxencia e seguridade precisasen dunha renovación inmediata. “Todas as veces que reclamamos a posta en marcha deste plan, xusto e igualitario, PSOE e BNG sempre votaron en contra e agora queren vender parches como a gran solución”, denunciou.
Ademais, o voceiro provincial popular recorda como a proposta de destinar a metade dos 21M€ extra procedentes da recadación dos impostos do Estado á mellora da rede viaria provincial “caeu en saco roto” xa que tamén se negaron a esta petición, como á petición defendida en novembro para renovar 90 estradas provinciais en 15 concellos do sur da provincia.
“Os plans que se estudan e defenden dende o PP teñen o consenso da veciñanza e teñen en conta as necesidades de cada municipio, mentres que PSOE e BNG se basean unicamente en afinidades políticas e amizades”, explicou.
Segundos os datos publicados por PSOE e BNG entre os dous plans anunciados seguirán sen actuar na totalidade dos concellos da provincia, quedando ata 12 nos que non se actuará nin nun metro: Alfoz, Becerreá, Burela, Cervo, Folgoso do Courel, O Incio, O Páramo, Quiroga, Ribas de Sil, Samos, O Valadouro e Viveiro
Dende o Grupo Provincial Popular recordan que “estas actuacións son unha pequena vitoria pero a guerra segue porque aínda restan moitas estradas provinciais e moitos quilómetros que son perigosos e presentan serios problemas para a circulación, provocando picadas nas rodas, roturas nos vehículos e ata accidentes”.
Neste senso, os deputados populares sinalan que “seguiremos apoiando as xustas reclamacións dos veciños da provincia xa que a rede viaria provincial é moi perigosa unicamente polo abandono e a falta de traballo de PSOE e BNG durante case dúas décadas”.



















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



