Castro de Rei, a 12 de maio de 2025. A CIG quere facer pública a preocupante situación asistencial que se dá na residencia de maiores de Castro Ribeiras de Lea (Castro de Rei) pola política da empresa que xestiona o centro, CK Senior, de non facer contratacións para substituír o persoal que está de baixa, vacacións ou excedencia. Isto provoca que o resto do persoal teña que asumir unha sobrecarga de traballo brutal e, o máis grave, a desatención das persoas residentes.
Dende hai un tempo, a política da empresa consiste en cubrir estas ausencias co persoal de apoio que hai en carteleira, pero que está previsto para cubrir incidencias puntuais ao longo do ano. “Á empresa dálle igual que as quendas estean sen cubrir”, denuncian as delegadas da CIG.
Explican que a falta de profesionais afecta especialmente ás categorías de enfermería e xerocultora, dándose de maneira habitual quendas de noite nas que só hai unha enfermeira e dúas xerocultoras, cando por ratio de residentes deberían estar presentes dúas enfermeiras e catro xerocultoras.
Chegouse incluso ao extremo de permanecer 24 horas sen presenza de persoal de enfermería, cando nesta residencia viven máis de 170 persoas, a maioría delas grandes dependentes.
Cando se dan estas circunstancias, por orde da dirección do centro, non se poden facer cambios de cueiros nin cambios posturais ás persoas residentes, limitándose as traballadoras a facer “ronda”. As delegadas da CIG advirten das consecuencias que ten para a saúde das e dos residentes esta falta de atención, xa que se poden producir úlceras, irritacións etc.; ademais do malestar e a incomodidade que implicar botar toda a noite na mesma postura ou co mesmo cueiro sucio.
Subliñan que “é un dereito das persoas residentes recibir unha atención digna e en condicións de calidade” polo que instan a Consellaría de Política Social a asumir as súas responsabilidades e realizar o labor inspector que lle corresponde. “Non se pode abandonar deste xeito ás persoas usuarias”, inciden, menos aínda cando estamos falando dun centro de titularidade pública, aínda que ten a xestión privatizada.
Sen servizo de fisioterapia
O problema da falta de persoal esténdese a outras categorías como fisioterapia, que está sen cubrir e as persoas usuarias non poden recibir a rehabilitación que precisas. De feito, hai persoas usuarias “que están recibindo tratamento no HULA e dende o hospital mándanos de volta para a residencia asegurándolles que aquí van continuar coa rehabilitación, pero é mentira, porque non hai fisioterapeutas”.
A todo isto hai que engadir o deterioro na calidade da comida que se sirve ás e aos residentes, que empeorou substancialmente dende a entrada da nova empresa que se encarga das compras. “A comida prepárase na residencia, pero o produto que se cociña mércao unha empresa externa, e dun tempo a esta parte a calidade empeorou, a comida é escasa, mal preparada e abúsase da fritura. Incluso hai residentes que traen comida de fóra para comer”, advirten. Entenden que este deterioro na alimentación forma parte tamén da política de aforro da CK Senior.
Por iso, a CIG demándalle a Consellaría de Política Social que actúe para garantir tanto que se respectan as condicións laborais das traballadoras como unha atención digna para as persoas residentes.




















O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



