Os feitos delituosos tiveron lugar a pasada fin de semana, cando o presunto autor tentou acceder ao interior das instalacións da piscina municipal, ocasionando danos á porta de acceso por un valor de 600 euros. No marco da investigación procedeuse á súa detención ao constarlle unha requisitoria en vigor dimanante do Xulgado do Penal nº 1 de Lugo de detención, comparecencia e ingreso en prisión. A persoa detida foi trasladada para o seu ingreso no centro penal de Bonxe.
