A Mariña, 5 de maio, 2025. A Garda Civil, no marco das actividades de control que levan a cabo en determinadas zonas da costa especialmente sensibles ao desenvolvemento de actividades ilícitas de marisqueo na provincia de Lugo, interveu 41 bogavantes cun peso total de máis de 55 quilogramos.
Tras ter indicios de que nestas datas algunhas embarcacións estivesen a realizar, sen devolver á mar, capturas de bogavantes (“homarus gammarus”), un dos crustáceos máis valorados desde o punto de vista gastronómico, pero que actualmente está en período de veda, establecéronse diferentes dispositivos policiais tendentes a verificar tales feitos, froito dos cales foi a interceptación esta pasada fin de semana na autovía A-8, ao seu paso polo termo municipal de Mondoñedo, dunha furgoneta vinculada a un pesqueiro con base no porto coruñés de Laxe, que nestas datas estivera faenando nas costas lucenses, poidendo verificar como no citado furgón, ademais da tripulación do barco, ían varios capazos en cuxo interior se atopaban varios exemplares de bogavante, algúns deles con ovas.
Os crustáceos intervidos foran capturados ilegalmente, dada a veda na que actualmente se atopa inmersa tal especie.
Así mesmo, o vehículo no que trasladaban tales capturas incumpría os máis esenciais requisitos de refrixeración esixibles para o transporte das mesmas.
Todos os especímenes no momento da súa intervención estaban vivos, polo que foron devoltos ao mar esa mesma mañá.
No operativo policial contouse coa colaboración dos servizos de inspección pesqueira da Xunta de Galicia.
No desenvolvemento da operación realizáronse comprobacións á embarcación que efectuaría as capturas dos crustáceos incautados, confeccionándose varias denuncias que se tramitasen ante os órganos competentes da Xunta de Galicia.




























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



