Ribadeo, 30 de maio de 2025. Acisa Ribadeo ven de ser recoñecida pola súa excelencia comercial por parte da Xunta. Este galardón apórtalle á entidade un importe histórico de preto de 100.000 euros para actividades de dinamización comercial.
Os 99.450,01 euros proveñen en primeiro lugar da subvención ordinaria para os CCA, na que Acisa Ribadeo recibe 49.500,01 euros, o máximo para o seu tramo, e en segundo lugar percibe 49.950 euros, como premio á excelencia da entidade para unha actividade excepcional por ser un dos 5 mellores proxectos presentados en toda Galicia.
Fai unhos dias, os xerentes das asociacións galardoadas reuníronse co conselleiro de Emprego, Comercio e Migración, co director xeral de Comercio e o seu equipo.
O xerente de Acisa Ribadeo, Jesús Pérez Prada, explicou que “dende Acisa Ribadeo estamos moi satisfeitos coa resolución da Dirección Xeral de Comercio da Xunta, xa que neste 2025 Acisa Ribadeo obterá preto de 100.000 euros para as actividades de dinamización comercial da nosa vila e do noso CCA. Estamos moi satisfeitos por dous motivos para a directiva da asociación, e para min como xerente ao cargo da redacción dos proxectos, en primeiro lugar porque Acisa obtivo o máximo subvencionable do 90% do proxecto ordinario do CCA, isto quere dicir que obtivemos 49.500,01 euros da Xunta para un proxecto de 55.000 euros totais de inversión, para as actividades ordinarias do CCA durante o ano 2025. En concreto esta contía financia parte das actividades ou gastos do Nadal, da campaña de San Valentin, do dia da nai, do dia do pai, do Ribadeo Indiano, do Rasca e Gaña e da nosa app. Tamén con esta subvención se cobren parte dos gastos fixos da nosa entidade, como e o aluguer, o persoal, os seguros sociais, etc…. e en segundo lugar porque fomos recoñecidos cun dos cinco premios excepcionais que a Dirección Xeral de Comercio plantexou para os cinco mellores expedientes presentados en toda Galicia. Este sen dubida é un mérito e un fito moi importante para Acisa Ribadeo, xa que recibimos da Dirección Xeral de Comercio 49.950 euros para un proxecto excepcional cun investimento total de 55.500 euros, que ademais se deberá ver completado por unha achega do Concello de Ribadeo facendo un proxecto total deseñado e liderado por Acisa por importe total aproximado de mais de 60.000 euros”.
E engade: “Quixera agradecer publicamente a confianza na miña persoa, da presidencia e da xunta directiva da asociación, para a elaboración destes proxectos pola miña parte, xa que son moi ambiciosos e terán un gran impacto”.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado manifestou: “dende Acisa Ribadeo estamos moi contentos de recibir estas axudas e de que o noso traballo se valore e se premie. O comercio de Ribadeo ten moita vida, moita actividade, e en boa parte pensamos que é grazas ao traballo que dende Acisa desenvolvemos o longo do ano. Un traballo que podemos realizar grazas ao financiamento que obtemos das diferentes administracións publicas, e neste caso moi especialmente da Xunta de Galicia. A dia de hoxe somos unhas 170 empresas, unha asociación das mais representativas de Galicia, con mais de 80 comercios asociados e outras tantas empresas de diversos sectores, cifra que agardamos ir incrementando pouco a pouco ao longo dos vindeiros meses. O ano pasado fomos capaces de organizar máis de 50 actividades e este ano, grazas a este premio que Acisa acaba de recibir serán máis”.
Pérez Prada dixo: “sobre este premio excepcional obtido, xunto con 4 CCA mais de Galicia, podemos adiantar que será investido integramente nunha programación especial, que se vai desenvolver neste verán, con diferentes liñas de actuación. Será unha programación moi completa, na que se entregarán materiais gratuítos a socios, haberá sorteos, actuacións musicais e campañas de descontos, así como campañas mixtas entre comercio e hostalaría, e moito mais …. Todo baixo o fío condutor da marca de excelencia creada pola Dirección Xeral de Comercio O teu comercio local é extraordinario, que representa a excelencia que compartimos as 5 entidades agraciadas. En poucas semanas, xa se comezarán a presentar algunhas das accións así como o nome e programación deste proxecto”.
Cruzado Iglesias sinalou: “esperamos que esta programación que vamos desenvolver este verán grazas a esta achega excepcional e a este gran proxecto, sexa do agrado de todo os socios e socias e por suposto dos veciños e visitantes. Haberá moitas sorpresas, é unha programación pensada para toda a familia, para adultos, para a mocidade e para os máis pequenos da casa, para todas esas persoas que son fieis clientes do comercio e dos negocios locais asociados de Ribadeo. Debemos recordar que Acisa Ribadeo representa arredor de 170 socios, trátase da asociación máis activa de Galicia, a que realiza máis campañas de dinamización, e que é referente galego e nacional. Queremos destacar que na provincia de Lugo somos a única entidade que obtivemos esta distinción de comercio excepcional, algo que nos enorgullece”.
Xerente e presidenta concluiron: “con este premio Acisa Ribadeo percibe de xeito directo neste ano 2025 mais de 100.000 euros da Dirección Xeral de Comercio, unha cifra récord, á que se poden engadir os 15.000 euros que financiaron as recentes bolsas inclusivas, financiadas directamente pola Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, e xunto ao convenio do Concello de Ribadeo e ás axudas da Deputación de Lugo, das Áreas de Mar por unha banda e de Cultura pola outra para o Ribadeo Indiano, e outras máis que están por vir. Ao noso entender, quere dicir que Acisa Ribadeo sigue sendo o referente galego do asociacionismo comercial e hostaleiro. E con todos estes recursos, estamos a traballar nun ano que probablemente poidamos pechar como histórico e de récord”.




















Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.



