Burela, 17 de maio, 2025. O Burela FS afronta o seu penúltimo partido da tempada coa seriedade que se merecía este último partido fóra de casa no que era importante puntuar para situarse na segunda posición da táboa e poder contar coa vantaxe de cancha nos playoff. Ante un LBTL Futsal Alcantarilla que puido competir coa tranquilidade de non xogarse nada, as nosas Pícaras asinaron a súa vitoria cun 2-7 nun encontro importantísimo, ás 18.00h desta tarde no Jara Carrillo de Alcantarilla.
Arrinca con forza o partido con moitas ocasións nos primeiros minutos por parte dos dous equipos. Unha de Dinha e outra de Emilly nos primeiros dous minutos e a eficacia do Burela refléxase no minuto 4 cun gol de Patricia que a recupera en cancha rival e cóaa entre as pernas de María Arcas. Continúanse sucedendo as numerosas ocasións, moitas por parte do Alcantarilla que tenta empatar o encontro ante as Campioas da Copa da Raíña. Entre outros, dous de Toñi, primeiro un pau no traveseiro no minuto 5 e no 12 un paradón de Caridad tamén a un disparo da xogadora murciana. No 13 case a mete Cris Lourés dende a área pero despexa a porteira e repele Caridad coas mans un disparo afastado de Miriam tras un saque de banda, e vólveno a facer as dúas un minuto despois, no 16, esta vez cun disparo escorado da pivote murciana. Cara a cara de Melli no 17 que frustra de novo Caridad nunha boa transición tras un roubo a media pista e gol sorpresa de Carolina Pedreira nun saque de banda de Patricia que lla pasa cruzada e a xogadora portuguesa remata cun disparo raso que se coa xunto ao pau. Continúa esta divertida primeira parte co segundo de Carolina Pedreira a dous minutos do descanso, meténdoa nunha boa combinación na área con Débora e consegue achegarse o Alcantarilla no último minuto anotando o 1-3 cun disparo afastado de Anita que sorprende a Caridad.
Continúa unha segunda parte moi competida, con máis presión por parte do Burela que domina o encontro a pesar da intensidade das locais. Bonito taconazo de Patricia no minuto 3 que se vai xunto ao pau e chega o cuarto das burelenses, vólveo facer a xogadora yeclana que a mete tras un xiro recibindo de Emilly, nun saque de córner que efectúa Cami. Sálvaa co pé Caridad no mesmo minuto tras un disparo de Pao que se escapa de Carolina Pedreira e dispara desde a frontal, pero chega o 2-4 de Ana Belén no 26, dende o centro da área rematando un saque de esquina. Chega unha retaíla de goles a partir do 2-5, que anota Antía Pérez nunha boa transición e combinación con Dinha no minuto 30. Joaquín Peñaranda decídese polo xogo de 5 para 4, con Pao de porteira-xogadora, e Emilly anota 2 goles consecutivos a porta baleira no 31 e 32. Cambia a porteira-xogadora a Bet e continúa presionando o LBTL Futsal Alcantarilla pero non logra acerecarse ao alto número de tantos anotados por parte de as mariñás.
A última xornada xogarase en Vista Alegre, o sábado 24 ás 12.00h ante o CD Guadalcacín FS.
Ficha Técnica LBTL Futsal Alcantarilla 2-7 Burela FS
LBTL Futsal Alcantarilla (2): María Arcas; Bet, Melli, Toñi, María Valverde -quinteto inicial-, Miriam, Anita, Lydia, Ana Belén, Tere.
Burela FS (7): Caridad; Dinha, Cami, Patricia, Emilly -quinteto inicial-, Noelia Montoro, Carolina Pedreira, Antía Pérez, Cris Lourés, Débora.
Goles: 0-1, min. 4: Patricia. 0-2, min. 17: Carolina Pedreira. 0-3, min. 18: Carolina Pedreira. 1-3, min. 20: Anita. 1-4, min. 23: Patricia. 2-4, min. 26: Ana Belén. 2-5, min. 30: Antía Pérez. 2-6, min. 31: Emilly. 2-7, min. 32: Emilly.
Árbitros: Andrés Botella López, Antonio Navarro Liza.
TA: Por parte do Burela FS, Débora.





















Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.
O distintivo, concedido por ADEAC, recoñece a excelencia ambiental e a xestión sostible do territorio.En 2026 o programa acada cifras récord, con máis de 1.200 km de sendeiros en 154 municipios. A senda franquía destaca pola súa calidade paisaxística e ambiental, ao unir Castello e Porcía a través de acantilados, praias e espazos de alto valor ecolóxico. Este recoñecemento reforza o compromiso de El Franco cun modelo que combina conservación, educación ambiental e turismo sostible, situando o concello na rede estatal de itinerarios de excelencia. A entrega oficial das bandeiras será o 6 de marzo no Castelo de Cullera.
Sinalaron que conta cunha Indicación Xeográfica Protexida con case 70 hectáreas cultivadas, 194 produtores e máis de 215.000 kg certificados en 2025, cun valor superior aos 430.000 euros. Tamén subliñaron que forma parte dos 36 selos de calidade de Galicia e que festas como esta dinamizan o rural e favorecen a venda directa entre produtores e consumidores.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.

