“As consecuencias da falta de persoal repercuten de forma directa na calidade asistencial dos usuarios e das usuarias e aumentan as listas de agarda”
Burela, 7 de maio, 2025. Desde a Xunta de Persoal consideran que “temos unha carencia de distintos especialistas que fai que a atención sanitaria non estea garantida na Mariña polo que hai pacientes en estado de abandono, con tempos de espera superiores ao ano”.
Nesta dirección, responsabilizan do “que esta a acontecer a Consellaría de Sanidade, a xerencia da área sanitaria de Lugo e a dirección do Hospital da Mariña, que desde hai un ano coñecen perfectamente o que está acontecendo e non fixeron nada por remedialo”.