Os interesados poderán apuntarse ata o 6 de xuño e, durante o período estival, haberá catro quendas
Viveiro, 29 de maio de 2025. O campamento de verán do Concello de Viveiro, enmarcado no Programa Corresponsables, desenvolverase en catro quendas entre o 30 de xuño e o 29 de agosto. O prazo de inscrición permanecerá aberto entre os días 30 de maio e o 6 de xuño e os interesados poderán apuntarse tanto a través da sede electrónica como, de xeito presencial, no Rexistro do Concello.
A iniciativa está dirixida a nenos e nenas nacidos entre 2009 e 2021. Terá lugar no pavillón do CEIP Lois Tobío, en horario de 8.30 a 14.30 horas, con entrada flexible ata as dez da mañá. Ofertaranse cen prazas e haberá catro quendas quincenais:
Do 30 de xuño ao 15 de xullo.
Do 16 de xullo ao 1 de agosto.
Do 4 ao 14 de agosto.
Do 18 ao 29 de agosto.
Os interesados poderán participar tanto durante os dous meses como nas quendas quincenais que estimen oportunas. As familias nas que os dous pais teñan relación laboral activa ou as persoas que estean a cargo dun menor terán prioridade para acceder ás prazas. En caso de que haxa máis solicitudes que prazas, realizarase un sorteo cuxa data será anunciada na web do Concello de Viveiro.
Novidades
Para mellorar o servizo, unha das novidades deste ano é a contratación doutro monitor que reforzará a atención ao grupo de menores con necesidades educativas especiais.
Ademais, tamén se porá en marcha unha bolsa de 60 horas de coidado profesional para menores ata 16 anos que precisen atencións de xeito puntual. Neste caso, terán preferencia as familias monoparentais, vítimas de violencia de xénero, mulleres en situación de desemprego de longa duración, mulleres maiores de 45 anos e unidades familiares con outras cargas relacionadas cos coidados.
Bono Concilia da Xunta
A Xunta de Galicia pon a disposición da veciñanza o Bono Concilia, co que axuda a financiar servizos de conciliación contratados para familias con nenos e nenas de ata 13 años durante os períodos de vacacións ou en momentos de necesidades puntuais. A través del, pódense contratar coidadores a domicilio, campamentos, ludotecas ou recursos deste tipo. O Concello de Viveiro e a OMIX están dispoñibles para axudar ás persoas interesadas a tramitar as solicitudes. O prazo para facelo ábrese habitualmente en setembro.



















Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.
O distintivo, concedido por ADEAC, recoñece a excelencia ambiental e a xestión sostible do territorio.En 2026 o programa acada cifras récord, con máis de 1.200 km de sendeiros en 154 municipios. A senda franquía destaca pola súa calidade paisaxística e ambiental, ao unir Castello e Porcía a través de acantilados, praias e espazos de alto valor ecolóxico. Este recoñecemento reforza o compromiso de El Franco cun modelo que combina conservación, educación ambiental e turismo sostible, situando o concello na rede estatal de itinerarios de excelencia. A entrega oficial das bandeiras será o 6 de marzo no Castelo de Cullera.
Sinalaron que conta cunha Indicación Xeográfica Protexida con case 70 hectáreas cultivadas, 194 produtores e máis de 215.000 kg certificados en 2025, cun valor superior aos 430.000 euros. Tamén subliñaron que forma parte dos 36 selos de calidade de Galicia e que festas como esta dinamizan o rural e favorecen a venda directa entre produtores e consumidores.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



