A iniciativa foi presentada en Santiago de Compostela por Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente
Viveiro, 16 de maio de 2025. A Xunta de Galicia presentou en Santiago de Compostela a Oficina de Economía Circular Municipal, que ten como obxectivo acelerar a transición cara a un modelo económico e social máis sustentable. Ademais, busca aumentar a eficiencia nos sistemas de recollida de lixo e optimizar do funcionamento do sistema no ámbito local.
Mariña Gueimunde, alcaldesa de Viveiro, participou como unha das representantes locais na demostración en directo do funcionamento da Oficina. O obxectivo final é a creación dunha Rede Galega de Economía Circular.
O acto foi presentado por Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, e nel fíxose fincapé na importancia do tratamento dos residuos e de darlle prioridade á prevención, a re utilización e á reciclaxe. Ademais, tamén se pretende crear foros e xuntanzas para o intercambio de coñecementos.