Milladoiro e Lina e Lola porán o broche musical a unha xornada pensada para público de todas as idades
Muras, 12 de maio de 2025. Muras prepara a IX Romaxe Artesá da Chaira, que se celebrará o vindeiro 24 de maio na área recreativa da Veiga coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
O evento presentouse esta tarde nun acto en que participaron a deputada de Cultura, Iria Castro, o alcalde de Muras, Manuel Requeijo, a tenente de alcalde, Paula Gómez, a concelleira de Servizos Sociais, Azucena Camba, o artesán Marcos Ladra e Pilar Carballido Amor e Fina Carballido Amor da Asociación de Mulleres Rurais de Muras,que entregaron ao Concello unha talla do escudo de Muras.
A piques de cumprir unha década, Manuel Requeijo lembrou o impulso inicial “da Asociación de Obradoiros Artesáns da Chaira que nos propuxeron a celebración da romaxe en Muras, un concello rural, labrego e con tradición de oficios. Estaremos sempre agradecidos por traernos a idea e colaborar na organización ao longo destes anos”.
A este respecto, incidiu na calidade dos postos de artesanía, “cunha calidade contrastada e seleccionados para formar parte da Romaxe” e destacou a aposta por un ampla programación musical e lúdica pensada “para un público variado, especialmente para familias con crianzas”
A deputada Iria Castro valorou “a aposta do Concello de Muras por unha programación pensada para o público máis novo” e encadrou o apoio á organización da Romaxe “na colaboración que desde a área de Cultura se mantén con concellos e asociacións para facilitar o acceso á cultura en todo o territorio, xa que entendemos que as mellores propostas culturais e lúdicas teñen que estar presentes tamén nos concellos rurais”
A área recreativa contará tamén cunha exposición de fotografías dos traballos da Asociación de Mulleres Rurais realizadas por Mayder Pumariño.
Programa
A zona da feira, con 24 postos de artesanía -todo o espazo dispoñible na carpa-, abrirá ás 11.00 horas acollerá ao longo da xornada diferentes actividades arredor dos oficios tradicionais para dinamizar o espazo e fomentar a participación e a interacción do público. Entre elas, unha demostración de tallado de escultura a cargo de Borja Insua, un obradoiro de iniciación ao grabado de madeira para persoas adultas e un obradoiro de elaboración de galletas a cargo de Torta de Sarria para a cativada.
As Mulleres Rurais de Muras tamén mostrarán na Romaxe as pezas de madeira que realizaron nos cursos de obradoiros de artesanía que desenvolven ao longo do ano, na que participaron unha vintena de persoas.
Milladoiro (21.15 horas) e o grupo emerxente Lina e Lola (20.00 horas) porán o broche musical a unha xornada con espectáculos pensados para o público infantil, con Peter Punk e Brais das Hortas (13.00 horas), Pakolas (17.00 horas) e xogos tradicionais con Xotramu (11.00 e 16.00 horas). Ademais, alumnado do IES Basanta Silva fará unha exhibición de regueifas (12.00 horas) e a Mekánika Rolling Band ambientará o recinto antes do xantar (14.00 horas)





















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



