Burela, 30 de maio de 2025. A Mariña é dende hai xa anos un dos epicentros das mobilizacións na defensa da sanidade pública, moi especialmente ao fío da reforma sanitaria do ano 2018, pero tamén para advertir das carencias no hospital.
Durante preto de 2 meses profesionais e persoas usuarias uniron forzas en defensa das persoas doentes, uniron forzas en defensa dunha sanidade pública de calidade e de proximidade, “xa que os mariñaos e as mariñás non queren ser cidadás de segunda, e exixen os máis e mellores servizos prometidos pola Consellería de Sanidade”.
As principais demandas durante estas semanas foron relacionadas coa dotación de máis persoal, máis medios, rematar coas longas listas de agarda ou rematar coas derivacións ao HULA e hospitais privados para consultas, probas diagnósticas, operacións cirúrxicas e ingresos que antes asumía o noso centro hospitalario.
Durante estes meses, lograron a visita do Conselleiro de Sanidade pero que foi incapaz de aportar solucións concretas para o “estado de emerxencia da sanidade na comarca”.
Ao mesmo tempo lograron, xuntos, profesionais e doentes, non solucións, pero si “pequenos parches” como o reforzo temporal para pasar consultas en fin de semana de uroloxía ou cardioloxía que teñen unhas intolerables listas de agarda, o desprazamento dun médico rehabilitador para reducir as listas de agarda, un medico especialista en nefroloxía, en anatomía patolóxica, ou o desprazamento de profesionais de Medicina Interna para intentar paliar a grave situación que atravesaba o servizo impedindo garantir a asistencia sanitaria, entre outras especialidades.
“Ao mesmo tempo logrouse unha Técnica de Farmacia máis no hospital, un servizo central invisible pero que estaba infradotado e cunha carga de traballo física e mental que repercutía na saúde das traballadoras e traballadores”, explican, “e non foi sen tempo e logo de reiteradas peticións a unha Dirección do centro que sempre dicía non, e grazas á presión de profesionais e doentes xa é unha realidade”.
Durante este tempo tamén solicitaron a recuperación da Área Sanitaria roubada, que lonxe de ser a solución pasar a depender de Lugo foi o problema da actual situación alarmante da nosa sanidade.
Dende a Xunta de Persoal tamén reclamaron máis servizos e prestacións na Mariña: placas dentais, electromiogramas, densitometrías óseas, electroencefalogramas, consulta de cirurxía vascular, e recuperar a implantación de marcapasos…
Dotar tamén do persoal necesario en todas as categorías existentes, e crear prazas públicas de logopedas, terapeutas ocupacionais ou neuropsicoloxía.
“Queda tamén moito traballo por facer e metas que conseguir, como mellorar a fisioterapia e rehabilitación tanto no hospital como na atención primaria, con máis fisioterapeutas, máis médicos/as rehabilitadoras, máis medios e máis espazo físico que garanta unha asistencia igualitaria, que reduza as longas listas de espera e que permita chegar a tempo para tratar ben ás persoas usuarias”, explican, “e tamén dotar o servizo de partos con TCAE´s as 24 horas do día os 365 días do ano, unha anomalía que só acontece pola dependencia de Lugo que decide os recursos humanos en cada hospital”.
A Xunta de Persoal quere agradecerlle ás traballadoras/es e a veciñanza da Mariña a participación nas concentracións diarias na entrada do hospital que comezaron o 9 de abril en defensa da sanidade pública. “Xente alegre e combativa da Mariña que saíu novamente á rúa para lembrarlle a quen xestiona a nosa sanidade que estaremos agora, aquí e sempre na defensa da sanidade pública. Vai por vós e verémonos antes do que pensades!”, aseveran.
Tampouco se queren esquecer de dar o agradecemento a “Adri Pardo, Neira Brochs e Pedro Cabarcos que asinaron unha pancarta artística creada para ficar exposta á intemperie e deteriorarse até desaparecer e que a dirección do hospital ordenou a súa retirada e confiscación en dúas ocasións. Unha pancarta que se converteu “no símbolo da unión de todas e todos en defenda das persoas doentes da Mariña”.
“E non, non nos calarán e reiteramos que non nos imos a cansar, que estaremos vixiantes, que non permitiremos «ningún recorte máis por parte da Consellería de Sanidade» e que volveremos a saír se a situación non se reverte con solucións reais”, conclúen.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



