O acto celebrouse este venres no Pavillón Vista Alegre, antes do partido contra o CFS Gran Canaria Teledeportivo
Burela, 10 de maio de 2025. O Concello de Burela celebrou este venres 9 de maio unha emotiva homenaxe ao equipo feminino do Burela FS, en recoñecemento pola súa recente conquista da Copa da Raíña, a sétima na súa brillante traxectoria.
O acto tivo lugar antes do encontro ante o CFS Gran Canaria Teledeportivo no Pavillón Vista Alegre, ao que se achegou a veciñanza para acompañar ao equipo nun momento de celebración colectiva.
Con este recoñecemento, o Concello de Burela puxo en valor o esforzo, a dedicación e os éxitos do equipo, que volve situar o nome de Burela no máis alto do fútbol sala nacional.
A fin de semana deportiva continuará mañá, domingo 11 de maio ás 12:00 horas no campo da Marosa, co acto de homenaxe á SD Burela masculina polo seu ascenso á Preferente e aos veteranos da SD Burela pola súa vitoria na Liga de Veteranos División de Honor Lugo Provincial.