O prazo para realizar os trámites permanece aberto e poden realizarse tanto de xeito presencial como a través da sede electrónica
Viveiro, 26 de maio de 2025. Coa chegada do verán, o Concello de Viveiro lembra aos administradores dos establecementos de hostalería a conveniencia de ter actualizada a autorización para ocupar a vía pública coas terrazas e, tamén, de estar ao corrente dos pagos correspondentes. O prazo para realizar os trámites, tanto de xeito presencial como a través da sede electrónica municipal, permanece aberto e o Concello amosa a súa disposición para resolver calquera dúbida ou para facilitar os procesos.
Os documentos que se deben presentar son a fotocopia da licenza de funcionamento do establecemento ou a comunicación previa ao inicio da actividade, o plano da situación da terraza a escala 1/100 no que se reflicta a superficie que se ocupará e todos os elementos de mobiliario urbano, e a copia da póliza de seguro á que se fai referencia no artigo 8 da Ordenanza Reguladora.
Os interesados poden obter máis información no Departamento de Urbanismo do ou a través da web municipal. Desde o Concello de Viveiro agradecen a colaboración do sector hostaleiro, cuxa actividade contribúe a dinamizar a vila e a crear un ambiente agradable para a veciñanza e os visitantes. Por iso se insiste na necesidade de manter os permisos actualizados e de respectar os espazos establecidos para favorecer a convivencia. O feito de que as terrazas estean en regra mellora a imaxe do municipio, garante a seguridade e facilita o funcionamento do entorno urbano.




















Durante os meses de verán tamén se organizou por un grupo de xóvenes do Concello unha liga deste deporte. Estas actividades están organizadas polas Concellerías de Xuventude e Deporte e a Oficina de Información Xuvenil.
Un día moi especial, cheo de emocións e alegría no que se celebraron os progresos de todos os nenos e nenas da escola e, sobre todo, despediron con moito agarimo a aqueles que xa dan o gran paso cara ao cole dos maiores. Román, Hugo, Lucas, Gala, Ainara, Brian, Valentina, Luna, Raquel e Bea. Houbo medallóns e agasallos para todos, e diplomas e orlas para os que se gradúan este ano. Despois compartiron unha pinchada con familias e peques, e gozaron de actividades divertidísimas: pintacaras, globoflexia e moito máis.
A súa implicación e compromiso foi vital para a supervivencia do proxecto laranxa e a súa continuidade é un dos piares sobre o que se apoia o futuro do club, que mantén firme a súa convicción polo deporte en igualdade.
Está é a undécima edición. Poden participar todas as persoas que o desexen con fotos da costa de Xove. As bases están en
Unha selección de obras cheas de cor, creatividade e expresividade de Xosé López Losada "Xolo". Unha viaxe artística a través de máis de 70 cadros, onde cada peza conta a súa propia historia. Poderá visitarse ata o 30 de setembro.
A ficha poderase recoller no Rexistro do Concello ou descargala da web
Así concluiu a campaña O noso comercio é vida, vive Ribadeo, que se veu desenvolvendo desde o pasado 14 de agosto, grazas ao premio á excelencia comercial, que a Dirección Xeral de Comercio da Xunta lle outorgou a Acisa neste 2025. A campaña incluíu Xoves Abertos, Mercados de Rúa, Experiencias de Calidade, concertos musicais na rúa, propostas refrescantes na hostalería e actividades multiaventura para todas as idades. Tamén este domingo tivo lugar un obradoiro de concienciación destinado aos máis pequenos e pequenas da casa, que se celebrou na Praza de Abastos.



