Lara Méndez denuncia que tras anunciarse o pacto, a través dunha nota de prensa, a empresa botou a tres traballadoras á rúa
Santiago de Compostela, 7 de maio de 2025. A viceportavoz segunda do Grupo Socialista, Lara Méndez, esixiulle hoxe á Xunta de Galicia que explique o contido do acordo ao que dixo ter chegado con Sargadelos logo de que a propiedade da empresa ameazase co peche. Segundo recordou a deputada do PSdeG, a única información da que se dispón ata o momento sobre o pacto “verbal” para a continuidade da fábrica de Cervo é unha referencia nunha nota de prensa, xa que a resposta á pregunta que formularon por escrito os socialistas non da ningún detalle máis alá de asegurar “que haberá un seguimento constante da situación”.
Durante o debate dunha iniciativa no pleno do Parlamento, Méndez recriminoulle ao conselleiro que, despois de que se coñecera o acordo e de que o propietario da factoría puxera fin a catro días de peche unilateral, este comunicou o despido de tres traballadoras. A deputada socialista advertiu, ademais, que o problema podería estenderse de maneira inminente ata afectar aos doce empregados e empregadas que permaneceron fóra da fábrica durante o último día de actividade.
“Cal é ese seguimento”, preguntou Lara Méndez despois de que se constatasen os despedimentos xusto ao día seguinte da resposta da Xunta. Por iso, interesouse tamén por que medidas tomou a Administración autonómica “unha vez que soubo que había tres mulleres na rúa sen ningún motivo”.
“Que vai facer a Xunta de Galicia para que se vincule calquera tipo de axuda á empresa ao mantemento dos postos de traballo e á reicorporación desas tres traballadoras?”, insistiu a viceportavoz segunda do Grupo Socialista.





















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



