Os concelleiros do PP sinalan que “esta obra é un pozo sen fondo” porque “non se paran de arranxar deficiencias: xa se instalaron badéns, varios estudos para cambiar o sentido da circulación, obras para corrixir desniveis nas beirarrúas…”
Vilalba, 20 de maio de 2025. O Partido Popular de Vilalba lamenta os prexuízos que causan aos vilalbeses as novas obras na rúa da Pravia que a converten na “rúa dos remendos que hipoteca Vilalba”.
Os concelleiros cren que se trata “das obras de nunca acabar” despois de gastar 1M€ de fondos públicos nun proxecto que o goberno local presentaba como un gran bulevar con acabados que ían mellorar as beirarrúas; pero “a realidade dista moito do prometido”.
De feito, segue a ser un pozo sen fondo no que non se paran de arranxar deficiencias mediante parches para saír do paso; despois de terse modificado en varias ocasións: para a instalación de badéns redutores da velocidade, un cambio de sentido na circulación que custou cerca de 11.000€ para xustificar a promesa electoral de Vilalba Aberta mediante un estudo que contradicía o estudo presentado anteriormente polo PSOE”, obras nas beirarrúas para corrixir desniveis que producían caídas aos viandantes, etc.
Para os populares esta situación “non marca un bo futuro para esta rúa”. E engaden que “se dende a súa inauguración hai que intervir a miúdo nunha obra recente de máis de 1M€ de presuposto, non queremos imaxinar como será a súa situación co paso dos anos e a medida que se vaia facendo uso dela”.
E mentres que o goberno bipartito asegura que estas obras non van supoñer ningún custe engadido, os populares lembran que “xa gastaron en torno a 1M€ de fondos públicos e, ademais, todas as decisións, cambios de sentido e obras constantes teñen provocado prexuízos nos establecementos comerciais desta rúa”. Así pregúntanse se “non vai ter ningún custe para os comercios mentres a rúa estea pechada ao tráfico?”.
UNHA OBRA QUE DISTA MOITO DO PROMETIDO
Dende o PP vilalbés comparten a preocupación dos veciños e veciñas que “nos sentimos enganados porque se nos presentou un gran proxecto de humanización, pero estamos recibindo todo o contrario: zonas con parches de formigón, fochancas na calzada, desniveis perigosos que acumulan auga nos días de chuvia…





















O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



