Os populares recoñecen “o importante labor das traballadoras, como é o coidado dos nosos maiores e que debe ser unha prioridade”
Lourenzá, 29 de maio de 2025. O Partido Popular de Lourenzá amosa a súa “solidariedade” coas traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e recoñece o seu “importante labor como é a atención aos nosos maiores”.
Os populares urxen ao goberno local socialista a adoptar as medidas necesarias “poñer ao día” os pagos ás traballadoras abonando os atrasos dos anos 2022 e 2023 e, “por suposto, garantir a atención aos maiores” que “debe ser unha prioridade para o goberno local”.
Os concelleiros do PP lembran que “xa temos advertido no Pleno da situación das traballadoras do SAF que se prolonga dende fai máis de dous anos”. Ademais dos atrasos, “o goberno local négase a subir o salario en relación ao incremento do IPC como lles corresponde e tamén a cumprir coa obrigatoriedade de facer un contrato indefinido a unha empregada que ten pasado todos os exames necesarios e leva moitos anos traballando no Concello acumulando contratos temporais”.
Os populares condenan a situación derivada da “falta de xestión do goberno municipal” e lamentan que “a falta de solucións se atrasara tanto que as traballadoras tiveron que chegar a anunciar unha folga”. Nese sentido, sinalan que “non se recorda en Lourenzá ningunha folga de traballadores do Concello”.
Os concelleiros do Partido Popular agardan que sexa posible “chegar a acordos para desbloquear a situación” e “evitar prexuízos tanto ás traballadoras coma aos usuarios do SAF”.





















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



