Ameijide recorda que o BNG leva 26 e 18 anos amparando gobernos socialistas no Concello e na Deputación de Lugo, respectivamente, “e nunca aportan ningunha solución, senón que seguen a ser oposición a pesar de ter responsabilidades de goberno”
Lugo, 20 de maio de 2025. O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, esixe “seriedade e responsabilidade” a todos os representantes do BNG que hoxe “tentaron rirse unha vez máis de todos os veciños da provincia de Lugo” ao pedir publicamente que o Goberno do Estado “se puxese a traballar para mudar o illamento en materia de infraestruturas da provincia de Lugo”.
Antonio Ameijide recorda aos representantes do BNG que “son os cómplices necesarios” do PSOE, tanto a nivel municipal, provincial e no Estado, “para que a provincia de Lugo chegase ao nivel de illamento no que nos atopamos”.
Neste senso, o popular recorda que levan 26 anos amparando gobernos socialistas no Concello de Lugo, 18 anos na Deputación e 7 anos no Goberno do Estado. “En lugar de dar roldas de prensa reivindicativas teñen que ser reivindicativos en todas as administracións nas que teñen responsabilidades de goberno ou nas que asinan cheques en branco para manter a Pedro Sánchez na Moncloa o que, finalmente, nos condenan a todos os lucenses”, afirmou.
“Nunca son a solución, a pesar de que teñen responsabilidades de goberno dende hai anos”, explicou.
Antonio Ameijide recordou que Lugo segue a ser a única provincia de Galicia e da contorna sen alta velocidade ferroviaria, seguimos coas estradas sen ningún tipo de mantemento, sen esquecer que as autovías fundamentais (como a A-54 con Santiago, A-56 con Ourense, A-74 da Mariña ou a A-76 para unir Monforte con Ponferrada) seguen sen rematarse.
Insiste o voceiro popular que “ninguén no BNG está autorizado para esixir nada porque son corresponsables do illamento que sufrimos a todos os niveis”. “É indignante escoitar que pidan a ninguén que se poña as pilas despois de levar case 30 anos amparando todas e cada unha das decisións dos socialistas que levaron ao total illamento da provincia”, afirmou.
Neste senso, Ameijide sinala que tanto os actuais responsables municipais, provinciais e estatais, con Rubén Arroxo, Efrén Castro e Néstro Rego á fronte, son “absolutamente responsables da actual situación”, pero “non podemos esquecer que figuras do pasado, como Antón Bao, ex concelleiro e ex vicepresidente provincial, tamén teñen a súa responsabilidade porque nunca fixeron nada por mudar esta situación”.




















O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



