Lamentan que despois de varios anos facendo esta actividade cos nenos/as dos centros educativos, tanto de educación infantil e primaria, este ano o Concello non o organiza
Viveiro, 23 de maio, 2025. Estes anos de Goberno presidido polo Partido Socialista había un compriso dende tódalas áreas de goberno de colaboración e participación cos colexios e institutos. Dentro de esas actividades que se facían estaban ”Os Maios” una tradición moi arraigada no noso Concello e que todos os anos os veciños/as de Campo de Urraca saen ás rúas a celebrar esta efeméride. E nese contexto os anteriores gobernos municipales socialista presidido por María Loureiro organizaban un desfile onde máis de 700 nenos de Viveiro desfilaban coa indumentaria acorde cos ”maios”, gorros e collares de frores para festexar a chagada da primaveira.
O concello poñía os autobuses para os nenos/as de Celeiro, Galdo e Covas porque se tiñan que desprazar, tamén se lles daba una pequena merenda e organizábase un desfile moi alegre con cánticos acordes coa primaveira e con Viveiro.
Este ano a Alcaldesa, que é aresponsable da área de educación, non organizou os maios. A pesares de que este ano conta con gran parte da plantilla da Policía Local en activo. O que lle costaba ó Concello era preto de 2.000 euros. Pero pódese facer sin gastar nada, únicamente con medios propios do Concello.
María Loureiro afirma: ”é unha mágoa que por primeira vez en anos o Concello non faga este desfile. Era un punto de encontro dos nenos nenas de todos os centros educativos, e de ensalzar a nosa cultura municipal entre os máis pequenos”