O delegado exemplificou no proxecto de modernización da planta de reciclado de TEPSA o modelo de economía circular e innovación sustentable que apoia o Goberno, cunha axuda de máis de 112.000€
Muras, 27 de maio de 2025. O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, destacou hoxe a aposta do Goberno pola transición enerxética e ecolóxica, que deixa nos últimos anos 124 millóns de euros en axudas a 51 proxectos empresariais, enerxéticos e municipais, con 427 novos empregos creados nas zonas de transición xusta de Galicia. Así o afirmou nunha visita ás instalacións de Tepsa, acompañado pola subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez; o alcalde de Muras, Manuel Requeijo; a axente do territorio do ITJ en Galicia, Nuria Álvarez; o director xeral de Tepsa, Eduardo Serrano; e o presidente do Grupo Empresarial Plásticos Ferro, José Marcial Doctor López de Pablos. A visita enmárcase no seguimento dos proxectos apoiados polos Convenios de Transición Xusta do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.
O delegado puxo en valor o papel pioneiro desta compañía na fabricación de envases plásticos reutilizables e o seu compromiso coa sustentabilidade e a economía circular, subliñando a aposta pola “innovación e o futuro” para consolidarse como empresa “líder do sector en España e referente europeo en tecnoloxía propia”. Na visita, Blanco comprobou de primeira man o impacto positivo do proxecto de modernización da planta de TEPSA, unha actuación que contou cunha axuda de 112.486 euros, asociada a un investimento de preto de 375.000 euros, e permitiu a creación de catro novos postos de traballo.
O delegado anunciou tamén que esta mesma semana se publicará a resolución definitiva dunha nova liña do Plan de Recuperación, correspondente a proxectos de infraestruturas ambientais, sociais e dixitais, que beneficiará a Galicia con dúas novas adxudicacións: unha nas Pontes e outra na Laracha, cun investimento total de case 3 millóns de euros.
“O Goberno ten claro que a transición ecolóxica debe ser unha oportunidade real para os territorios que durante décadas sustentaron o desenvolvemento enerxético do país”, afirmou Pedro Blanco, quen subliñou que “non hai transición xusta sen innovación, sen industria e sen compromiso co medio ambiente, como demostra TEPSA aquí en Muras”.
TEPSA: innovación desde o corazón da Galicia rural
Técnica de Envases Pesqueiros (TEPSA) é unha empresa con sede en Muras especializada na fabricación de envases plásticos reutilizables para o sector alimentario, pertencente ao Grupo Plásticos Ferro. O seu proxecto máis recente, apoiado polo Goberno cunha subvención de 112.486 euros, está centrado na modernización da planta de reciclado e refabricación de plásticos, desenvolvendo un circuíto pechado para recuperar e reintroducir como materia prima os envases que non poden ser reutilizados.
A actuación, aliñada cos principios da economía circular, incluíu a construción dunha nave anexa á actual, que conta con dúas naves a ambos os lados para oficinas e servizos, quedando así un conxunto de edificacións. O novo establecemento destínase ao proceso de reciclaxe e refabricación de envases de plástico, así como ao posterior almacenamento e expedición. Ademais da incorporación de tecnoloxía avanzada, creáronse catro postos de traballo.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



