Barreiros, 18 de maio de 2025. 0 programa de promoción de produtos de razas autóctonas Un gusto de rural, un rural degusto estivo presente no Mercadiño en Primavera, organizado este domingo polo Concello de Barreiros.
A oferta de artesanía e de alimentación de proximidade á venda complementouse con degustacións gratuítas do programa da área de Rural, nas que se serviron minihamburguesas de tenreira de raza Caldelá e croquetas de Ovella Galega ás persoas que adquiriron algún produto no mercado.
As elaboracións preparàronse con carne de produtores locais -Alex Salvatierra da Pontenova e Luis Fernández de Riotorto- , socios da Federacion Galega de Razas Autóctonas BOAGA, que colabora no desenvolvemento do programa.