“Temos un goberno que ano tras ano repite compromisos incumpridos, utilizando a visita a Lugo como un mero exercicio de propaganda sen contido real”, asegura o líder socialista
Lugo, 13 de maio de 2025. O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE da provincia de Lugo, José Tomé Roca, cualificou a reunión do Consello da Xunta celebrada en Lugo como “un novo exercicio de propaganda sen contido real”. Segundo Tomé, “unha vez máis, o Goberno da Xunta acudiu a Lugo para anunciar como supostas novidades proxectos que levan anos na axenda autonómica e que continúan sen materializarse nin achegar solucións reais ás necesidades da cidade e da provincia”.
O líder socialista lamentou que a Xunta de Galicia volvese anunciar investimentos xa comprometidos ou proxectos sen avances reais. “Nada novo para a provincia de Lugo. Esperábamos grandes anuncios, novidades, pero vemos propostas reiteradas ou xa anunciadas, que se dan sen prazos, sen orzamentos reais e sen previsión de execución”, reiterou Tomé. Como o aparcadoiro disuasorio en Fontiñas, previsto desde 2022 e que segue sen proxecto definitivo, ou o novo centro de saúde do Sagrado Corazón, pendente da cesión da parcela e sen prazos claros para o inicio das obras, malia anunciarse cun investimento estimado de 4,8 millóns de euros.
Desde o PSdeG-PSOE de Lugo denunciouse tamén que boa parte das actuacións anunciadas para concellos como Antas de Ulla, Ribadeo ou Trabada xa foran comprometidas en anos anteriores sen chegar a executarse. En Antas de Ulla, a reforma dos apartamentos tutelados para convertelos en residencia de maiores anunciouse en 2021, pero segue sen estar en funcionamento. A Xunta asegura que os primeiros usuarios poderían regresar en setembro, pero non hai garantías firmes de que se cumpra o prazo.
O mesmo ocorre co novo centro de saúde da localidade, proxectado desde hai máis de tres anos e aínda pendente do inicio efectivo das obras tras sucesivos anuncios. En Ribadeo e Trabada, a mellora das redes de abastecemento de auga, foi anunciada en xaneiro deste ano e continúa sen licitación efectiva.
“Estas actuacións tan necesarias chegan tarde e despois de moitas promesas incumpridas. A Xunta volve presentar como novidades vellas demandas sen resolver, o que confirma a estratexia de abandono sistemático da provincia de Lugo por parte da Xunta”, criticou Tomé Roca.
A falta de execución de investimentos clave: un exemplo claro do abandono de Lugo
O Secretario Xeral lembrou que “fai case un ano estivemos reunidos aquí na Delegación da Xunta en Lugo e non vexo nin avances nin acordos para cumprir cos compromisos”. Para Tomé Roca, a realidade da política da Xunta de Galicia en Lugo queda reflectida no abandono de grandes proxectos estruturais comprometidos hai anos e aínda sen executar.
Como a Ronda Leste, que permanece paralizada á espera dunha nova avaliación ambiental tras a decisión tomada pola Xunta en maio de 2024, o que supón un novo atraso mínimo dun ano para unha obra valorada en 19,6 millóns de euros.
O desdobramento do corredor Nadela-Sarria (AG-22), proxecto esencial para a mellora da seguridade e a conectividade da comarca, continúa adiado e non se prevé licitación antes de finais de 2025. E a VAC da Costa Norte, da que só se executaron 16 dos 80 quilómetros previstos, permanece sen avances concretos nin calendario de execución. “A estrada do Folgoso do Courel ou a variante de Viveiro, que sabemos delas? Outras promesas incumpridas do PP á fronte da Xunta de Galicia?”, denunciou o socialista na rolda de prensa.
“Son algúns exemplos claros de como a Xunta de Galicia utiliza a provincia de Lugo como escaparate para titulares que logo non se traducen en feitos. Estas infraestruturas levan demasiado tempo reducidas a promesas incumpridas e anuncios reiterados, sen compromisos firmes nin prazos definidos”, concluíu Tomé.


















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



