A Consellería do Mar, a través do GALP, dirixiu en 2024 a esta entidade unha axuda económica, dotada con máis de 41.000 euros, que lle permitiu ampliar a cetaria que posúe
Viveiro, 13 de maio de 2025. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participou na presentación dos novos horizontes empresariais da empresa Burela Quality afincada en Burela e con novas instalacións en Celeiro-Viveiro. Esta entidade empresarial, que leva o mar no seu ADN e que aposta por ofrecer o mellor pescado e marisco, cun compromiso inquebrantable coa calidade, a orixe e a innovación, agora dá un paso máis no seu desenvolvemento empresarial, incluíndo, baixo LaMarca Seafood, a xeración de marisco crioxenizado e tratado coa técnica Ikejime, baseada no tradicional xaponés de sacrificio de peixe que busca minimizar o estrés e trauma do peixe, mellorando así a calidade e o sabor da súa carne.
Alfonso Villares felicitou aos responsables por esta nova iniciativa e por ter esa visión de reinventarse, co fin de medrar, apostando pola innovación e a pesca sostible. Na actualidade xa ofrece unha coidada selección de peixe e marisco fresco procedente directamente das lonxas galegas, con especial protagonismo da costa de Celeiro e Burela, dous dos portos máis recoñecidos do Cantábrico, ademais do litoral asturiano. Dispoñen de cocedoiro propio no que un dos produtos destacados é o polbo. Agora, co seu rebranding, a marca rexuvenécese e adquire unha imaxe máis diferencial, pensada para chegar a mercados internacionais e destacar o seu compromiso coa autenticidade e a sustentabilidade.
O responsable autonómico trasladou o apoio do Goberno galego a este tipo de iniciativas, remarcando con elo o firme compromiso que ten coa cadea mar-industria. Precisamente, neste caso o concreto, o departamento que dirixe Villares, xa dirixiu en 2024, a través do Grupo de Acción Local (GALP) Mariña-Ortegal, unha axuda económica, por valor de máis de 41.000 euros, que lle permitiu a esta firma ampliar a cetaria que posúe. Burela Quality ten unha facturación de ao redor de 1,6 millóns de euros e conta con 5 empregados a tempo completo.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



