“Plataforma Sanitaria e veciñanza desmontan as mentiras do PP”
Viveiro, 15 de maio de 2025. Numerosísimas persoas acudiron hoxe ao Centro de Saúde de Viveiro para mobilizarse “polo caos sanitario no que está sumido a comarca e nomeadamente a cidade de Viveiro, cun déficit de médicxs de familia próximo ao 50% da súa dotación e o servizo de pediatría tamén á metade desde hai xa demasiado tempo”.
Desde a Plataforma Sanitaria engaden que: “Esta falta de facultativxs orixina que exista unha agarda para atención ordinaria en medicina de familia de vinte días ou incluso máis, cando os tempos para estas consultas non deberían sobrepasar as 48 horas . Os concellos veciños de Ourol e o Vicedo tamén están a atravesar situacións moi difíciles en canto a cobertura facultativa, con moitos días nos que hai ningún/ha médicx no centro de saúde e garantíndose solamente a atención urxente no centro sanitario de cabeceira”. O viveirense Samuel Bouza, integrante da plataforma sanitaria afirma que “o pobo de Viveiro non pode soportar por máis tempo esta falta continuada de persoal facultativo que está a poñer en risco a saúde da veciñanza e provoca sufrimento na poboación”.
A Plataforma Sanitaria presentou, no transcurso da concentración unha folla informativa no que (din) se desmontan as mentiras coas que o PP inunda todos os días os titulares dos xornais e as redes sociais, utilizando as técnicas de repetir mentiras milleiros de veces para que “algo quede”. No panfleto desmíntense falsidades como que “non imos eliminar a área sanitaria “ pouco antes de facer efectivo este espolio ou que a supresión da área sanitaria traería para a Mariña “máis e mellores servizos”, entre outras.
O colectivo sanitario percorrerá os centros sanitarios da comarca informando á poboación
A Plataforma Sanitaria da Mariña anuncia que proximamente comezará tamén a percorrer os centros sanitarios da comarca para achegar esta folla informativa a todas as veciñas e veciños da Mariña. Según comenta a coordinadora da plataforma, Montse Porteiro, “explicaremos e desmontaremos unha por unha todas as mentiras que o PP leva inculcando á sociedade durante demasiados anos; desgraciadamente as e os mariñaos nestes momentos están a comprobar na propia pel que levamos quince anos decíndolle a verdade do que iba pasar”.
,