SEAGA colocará 56 trampas este ano para cazar velutinas
Viveiro, 7 de maio de 2025. O Concello de Viveiro mantén o compromiso de actuar na loita contra as avespas asiáticas, xa que renovou a subscrición ao convenio asinado pola Xunta e o Fegamp que promove a vixilancia das velutinas. De feito, SEAGA (Servizo Agrario Galego) ten previsto colocar 56 trampas en 2025. Ademais, recibiu 202 avisos en 2023 e 81 en 2024.
Para reforzar o compromiso na loita contra a avespa asiática, o Concello de Viveiro tamén ten asinado un contrato cunha compañía especializada na prevención, retirada e eliminación de niños.