Este trámite vai dirixido ás familias que presentaron a solicitude de praza durante o período de preinscrición, e deberá completarse de forma presencial nas instalacións da escola municipal. O prazo estará aberto ata o luns 2 de xuño. Lémbrase que a formalización da matrícula é imprescindible para confirmar a admisión do neno ou nena. Ademais, as familias que non solicitaran praza no seu momento poden achegarse ao Departamento de Servizos Sociais do Concello, onde poderán recoller o impreso correspondente.
