Xove, 30 de maio, 2025. Xs socialistas xovenses explican que: “A día de hoxe só hai unha médica nun concello de 3500 habitantes cun xeriátrico ao carón e unha poboación envellecida. Pouca ou ningunha previsión ten a Xunta de Galicia, xa que se xubilou unha das médicas e a praza segue sen cubrirse”.
“Temos que lembrar que Xove hai poucos anos tiña tres médicos de atención primaria, e cando se forón xubiando esa terceira praza xa no se cubriu e ogora coa segunda pasa o mesmo, o que leva a que as consultas xa teñen lista de espera de casi un mes. O mesmo pasa con pediatría, con tres días a semana e só ata as 10 h”, engaden.
“Por todo isto imos pedir que se solicite a Xunta que se cubran estas prazas de forma urxente e se aumente o servizo de pediatría a todos os días da semana e a xornada completa”, conclúen.