Ribadeo, 24 de xuño, 2025. A Agrupación Cultural Francisco Lanza vén desenvolvendo, desde Xaneiro de 2025, unha intensa actividade cultural. Ademais, de varias presentacións de libros, levamos a cabo novas actividades que pensamos que viñeron para se quedar connosco.
Promovemos (lembran) a figura do “apalpador” mostrando nas nosas principais rúas dúas representacións do mesmo. Puxemos en marcha un xantar de confraternización para render homenaxe á nosa poeta nacional, Rosalía de Castro, en torno ao seu coñecido poema no que evoca o caldo de gloria. Seguimos organizando conferencias (neste caso sobre a piratería ao corso en relación con Ribadeo). Volvemos saír de viaxe polas mariñas coruñesas (Sada e Betanzos) e pola Ribeira Sacra (Castro Caldelas, canón do Sil e Monforte). As nosas “Palabras na varanda” tiveron un comezo ben especial con actuación musical polas rúas de Ribadeo das Erikas e Peluxías.
“Agradecemos a colaboración de todas as persoas que se achegan a Ribadeo para dar a coñecer o seu traballo; agradecemos tamén aos nosos veciños e veciñas que senten que teñen algo que achegar á nosa cultura a súa disposición a colaborar connosco. Pero agradecemos especialmente o interese que toda a veciñanza de Ribadeo e das comarcas mariñá e eonaviega mostran asistindo aos nosos actos. Vós sodes a nosa razón de ser”.
RELATORIO DE ACTIVIDADES:
Edición almanaque 2025 (con imaxe do exvoto da Capela de Arante).
Presentación do libro “Entre a memoria e o esquecemento”, de Guiomar Acevedo López.
Presentación do libro “Entre a vontade e o destino”, de Xosé Henrique Costas.
Presentación do libro “Entre nós e o Eo”, de Beatriz Pin e Antón Cando.
Xantar de confraternidade. Celebración do Día de Rosalía.
Proxección do documental “Segadores da Órrea en terras de Castela. Unha historia de heroes”. Asociación de Amigos de Santa Comba da Órrea.
Viaxe a Sada e Betanzos.
Presentación do libro “A voltas co prato”, o libro que recolle as receitas do programa da TVG “A voltas co prato”.
Conferencia, a cargo de José María Leal Nóveda: A piratería ao corso en relación con Ribadeo.
Presentación do libro A voz do mosquito”, de Francisco García Novio.
Celebración do Día das Letras Galegas. Cantareiras cabo das “Palabras na varanda”. Con actuación musical das Erikas e Peluxías.
Campaña “Un caravel, un libro”. Día das Letras Galegas.
Presentación do libro “Maxicamente vella, eternamente nova. A literatura tradicional galega”, de Carlos Callón.
Animamos aos nosos socios e socias, e a toda a sociedade ribadense en xeral a ver nos cines ribadenses a película “Antes de nós”, dirixida por Ángeles Huerta e protagonizada por Xoán Fórneas e Cristina Iglesias, entre outros.
Presentación do libro “Cartas na escuridade”, de Lois Pérez.
En colaboración co colectivo VACAS FRACAS, proxectamos o documental “Se canto é porque quero”, producido pola Real Academia Galega, e no que participou a nosa veciña e amiga Alba López. Esta serie web documental está dedicada ás cantareiras, mulleres imprescindibles na transmisión da música e da poesía oral galega.
Viaxe á Ribeira Sacra (Castro Caldelas, viaxe en catamarán polos canóns do Sil e Monforte).
Presentación do libro “A fraga dos teixos. Relato dun naturalista tolo”, de Xosé Salvadores.





















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



