Ribadeo, 10 de xuño de 2025. A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra este sábado, 14 de xuño, ás 11:30 e ás 18:00 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval o seu tradicional Festival de Fin de Curso. Na sesión da mañá será o alumnado máis pequeno o que participe e xa na sesión da tarde serán as grandes agrupacións das diferentes especialidades instrumentais e de danza.
Hugo García, o responsable da EMMeD, subliñou que “será, unha vez máis, un festival que non deixará a ninguén indiferente. Tentamos sorprender á xente cun festival concibido para que o desfruten non só no plano musical, que por suposto que o farán, senón tamén na ambientación, nas presentacións…”.
A concelleira de Educación, Begoña Sanjurjo, manifestou que “o fin de curso é sempre unha festa importante e este ano máis. O alumnado amosa ás familias e ao público en xeral os avances nas distintas disciplinas e fainos partícipes da vida da escola. Vémonos no auditorio aplaudindo aos nosos artistas”.
O responsable do centro valora de maneira moi positiva o curso 2024-2025 e considera que “é preciso seguir traballando tal e como o vimos facendo ata o de agora para manter e aumentar o nivel formativo e máis a calidade das actividades que organizamos”. O centro mantén o número de matrículas, con preto de 370 persoas inscritas, e o número de docentes, trece.
Antes de pechar o mes de xuño, a EMMeD de Ribadeo aínda realizará diversas actividades, como pode ser o programa Musiqueando polas parroquias ou a Xornada de portas abertas, das que se dará cumprida información en datas próximas.





















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



