A intervención busca mellorar a accesibilidade á zona dos Castros desde a rúa Rocha de Vélez, facilitando o acceso a vehículos e peóns nunha soa dirección de maneira segura
Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2025. A Xunta vén de licitar por 262.772€ as obras de mellora da accesibilidade da rúa Rocha de Vélez, en Mondoñedo, unha actuación que se enmarca no Plan Hurbe, o programa impulsado polo Goberno galego para colaborar cos concellos no financiamento de diferentes actuacións urbanísticas, de xeito especial humanizacións e mellora de espazos e equipamentos públicos.
A actuación que se vai executar sitúase na delimitación do Plan especial de protección e reforma interior da vila de Mondoñedo, na zona dos Castros, e ten como obxectivo mellorar a accesibilidade á esta contorna desde a rúa Rocha de Vélez, a fin de permitir o acceso a vehículos e peóns nunha soa dirección de maneira segura, e revisando as aliñacións de muros parcialmente derrubados preto da antiga N-634. Ademais, a intervención inclúe o soterrado das instalacións de alumeado público, baixa tensión e telecomunicacións.
As empresas poderán presentar as súas ofertas para este contrato ata o 9 de xullo.
A rúa Rocha de Vélez forma parte tamén do ámbito da Área Rexurbe de Mondoñedo, a primeira declarada en Galicia no ano 2020, e que comprende o conxunto histórico de Mondoñedo e unha zona contigua de características similares (rúa Álvaro Cunqueiro e San Roque e parte alta da estrada dos Remedios).
De acordo ao convenio do Plan Hurbe asinado para esta intervención, a Xunta financiará nun 70% do orzamento, mentres que o Concello de Mondoñedo achegará o 30% restante, realizará as xestións pertinentes para posibilitar a súa execución, e comprométese á recepción, mantemento e conservación das actuacións que incorporará ao patrimonio público municipal.
A través de liñas de colaboración cos concellos como o Plan Hurbe, a Xunta contribúe a promover o desenvolvemento das vilas e núcleos rurais da comunidade autónoma como motores de dinamización ao converterse en puntos de localización dun importante número de servizos públicos e privados que permiten achegar o modelo urbano a todo o territorio.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



