Burela, 20 de xuño, 2025. O Burela FS puxo a andar esta semana a súa campaña de socios/as para a vindeira tempada 2025/2026. A mesma trae unha serie de vantaxes para todos aqueles socios/as que renoven o seu carné entre o 17 e o 30 de xuño. Do mesmo xeito, estas vantaxes tamén se aplicarán a aquelas novas altas de socios/as que se produzan nese mesmo período.
A continuación detallamos toda a información sobre as cuotas deste ano, así como os pasos a seguir para a renovación.
FASE 1: RENOVACIÓNS E NOVAS ALTAS (do 17 ao 30 de xuño de 2025)
Socio/a Adulto – 200 €
Mesma tarifa durante as tempadas 25/26, 26/27 e 27/28
Cota 1: 120 € en xuño + Cota 2: 80 € en decembro
Socio/a menor de idade (6 a 17 anos) – 40 €
Pagamento único
Mesma tarifa durante as tempadas 25/26, 26/27 e 27/28
Observacións:
Os menores de 1 a 5 anos poden tramitar o carné como ‘menor 6–17’ se queren reservar asento (o acceso é gratuíto sen reserva de asento)
A partir do 30 de xuño liberaranse os asentos non renovados e abrirase un prazo de 3 días para solicitar cambios de asento
As altas novas poderán escoller os asentos dispoñibles a partir do 30 de xuño
Non haberá días do club
FASE 2: RENOVACIÓN E NOVAS ALTAS (desde o 4 de xullo de 2025)
Socio/a Adulto – 250 €
Tarifa válida só para a tempada 25/26
Cota 1: 150 € en xullo + Cota 2: 100 € en decembro
Socio/a Menor de Idade – 50 €
Pagamento único
Tarifa válida só para a tempada 25-26
Observacións:
Os menores de 1 a 5 anos poden tramitar o carné como ‘menor 6–17’ se queren reservar asento (o acceso é gratuíto sen reserva de asento)
As altas novas poderán escoller asentos libres a partir do 30 de xuño
Non haberá días do club
ABONOS VÁLIDOS para os seguintes partidos:
Liga Regular 1ª División RFEF Feminina (15 partidos + Playoff)
Liga Regular 2ª División RFEF Masculina (15 partidos + Playoff)
Copa da Raíña, Copa do Rei e Copa de Galicia (segundo eliminatorias como local)
COMO RENOVAR O CARNÉ DE SOCIO/A?
O abono pódese renovar en función do método de pagamento que teña asignado cada socio/a:
Con Tarxeta:
Validación do método de pagamento xa asignado (tarxeta) a través da APP de CLUBER
Uns días antes de facerse efectivo o pagamento chegaralle un aviso ao socio á súa conta de CLUBER
Outro método de pagamento:
Validación do método de pagamento xa asignado (outro método de pagamento) a través da APP de CLUBER
O socio/a poderá ir á oficina do club (en xuño, en horario de 10 a 12 horas) e alí efectuaranlles renovación






















Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.



