Ven de se estrear na compostelá Sala Capitol, logo da súa preestrea no festival de Cans, o documental “Crónicas dun non” do director cesureño Fernando Rodríguez, Peñaño quen foi, en agosto de 1989, preso político no cárcere militar ferrolá de Caranza. O primeiro preso insubmiso galego en prisión preventiva, porque no cumprimento da súa condena, no cárcere coruñés, haberíao ser o grovense César García Aguiño (protagonista do documental Dous anos, catro meses e un día e morto de xeito temperá hai pouco máis dun ano). Aos dous e a bastantes máis (César Goldi, Modesto Toribio, Andrés H. Mouriño, Duarte Crestar…entre outros moitos) tiven a honra de defendelos como avogado e aprender como persoa do seu humanismo, do seu valor e renuncia persoais e do seu compromiso coa paz e coa liberdade. César Goldi deixounos tamén hai poucos anos o testemuño da súa experiencia como preso político na obra teatral Goldi Libre, representada polo grupo Chévere.
“Crónicas do non” conta a historia dun grande suceso. Do éxito dun potente movemento de desobediencia civil, alicerzado en centos de mozos, que agromou cara fins dos anos 80 do século XX na Galicia, canda outros semellantes no conxunto do Estado, malia que con caracteres substancialmente propios no caso do noso país, probabelmente polo seu pluralismo político e social (convivían nacionalistas, esquerdas federalistas, anarquistas, activistas cristiáns…) e, ao tempo , pola importante achega humana das distintas organizacións xuvenís do nacionalismo político e polo apoio desenvolvido na altura polo feminismo . Un ten de se preguntar porque até de agora os homes non fomos quen de desenvolver a prol da igualdade de xénero un apoio tan útil, directo e incondicional como o desenvolvido entón polo feminismo galego a respecto do movemento da obxección de conciencia.
Até os derradeiros anos daquela década dos 80 a negativa ao servizo militar non acadou a fasquía dun movemento de masas e ficara reducido a seareiros de determinadas confesións relixiosas e outros de tendencia anarquista. Naqueles anos produciuse unha conxunción de factores que fixo posíbel este potente movemento de desobediencia civil. Ficaba abondo claro que a chamada mili só servía para fornecer de man de obra de balde a unhas forzas armadas atrasadas, caducas e absolutamente desvencelladas da evolución na altura da sociedade civil. Un espazo militarizado onde, decorridos case quince anos de réxime democrático, o soldado ou mariñeiro de conscrición seguía a ser tratado como unha persoa sen dereitos e abondo explotado polos mandos militares. Un espazo militar onde eran adoito frecuentes suicidios e autolesións polos malos tratos sufridos polos mozos e accidentes con graves resultas de mortes e lesións xeradoras de eivas e incapacidades polo caduco do material, o desleixo no seu uso e conservación e máis o desprezo pola seguridade de mariñeiros e soldados.
Deste xeito, cando o goberno do PSOE, teimudo na súa defensa numantina da mili, define unha prestación social substitutoria máis longa, cun réxime disciplinario semellante (1991-1992), a sociedade civil xa está gañada pola continua actividade do movemento de obxección de conciencia, o exemplo dos seus presos e máis o afastamento da sociedade a respecto das forzas armadas. No 1996 os nacionalistas cataláns e vascos de Convergència e PNV, moi influídos polo antimilitarismo das súas organizacións xuvenís-JNC e EGI-, impoñen a Aznar en troques da súa investidura, entre outras cuestións, a liquidación en seis anos do servizo militar obrigatorio, despois anticipado a 2001, malia que durante este tempo a represión xeraría outros presos políticos como Ramiro Paz, tamén falecido de xeito temperá no 2021 e Elías Rozas, condenados a 19 meses de prisión militar no desenvolvemento dunha estratexia de insubmisión posterior á súa incorporación ao exército e que sufriron agresións de funcionarios no cárcere militar de Alcalá.
O movemento da obxección de conciencia é, na historia democrática recente na Galicia e no Estado, o único caso de éxito dunha fórmula de democracia directa e dun movemento de desobediencia civil que cumpre cos seus obxectivos fundacionais. Velaí que, sen dúbida, os insubmisos galegos e o conxunto do movemento de obxección de conciencia, a súa organización, a súa transversalidade e o seu pluralismo constitúan indubidábeis referentes para a loita pola paz e a liberdade que nos esixe-e de que xeito- o presente.





















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



