Dun tempo a esta parte os festivais fóronse convertindo en eventos xestionados por empresas privadas con fins de lucro. Non hai dúbida que esta xestión empresarial move ao seu arredor un número importante de promotores relacionados co sector do ocio e da música, crea postos de traballo temporais e dinamiza a cultura e a economía dos lugares onde se organizan. Ata aquí nada que obxectar e parabéns a estes emprendedores por aportar iniciativas enriquecedoras.
Porén estas inciativas vense cuestionadas eticamente cando entran nelas fondos de inversión que deshumanizan a economía en beneficio da máxima rendabilidade financieira. Neste sentido, estes dias todos fomos coñecedores das encomiables renuncias de espectadores e grupos musicais a asistir a festivais onde está o fondo de inversións KKR, por ser precisamente complice activo da barbarie que se está a perpetrar en Palestina. Estas voces van dirixidas fundamentalmente contra os organizadores para que abandonen a ambigüidade e se desvinculen feacientemente de KKR. Nun xenocio non valen as medias tintas.
Porén hai algo que está a pasar desapercibido e que ten a máxima importancia na esixencia dun comportamento ético exemplar: ademais de contar con patrocinios privados, estes festivais están a ser subvencionados com miles de euros por diferentes administracións púbicas.
Por exempo, aquí na Mariña o Resurrection Fest recibe indirectamente da Deputación Provincial de Lugo mediante un convenio co Concello de Viveiro 150.000€ e directamente arredor de 55.000€ da Xunta. Aquí debemos poñer o foco, pois son cartos públicos que van dunha ou doutra forma ao balance de contas de KKR.
Estas administracións se realmente están sensibilizadas coa masacre que se está a perpetrar en Gaza e desexan poñer o seu grao de area para que non continue, non estaría de máis que tomaran exemplo da recente proposta do Parlamento Español, quen instou ao Goberno do Estado a embargar os contratos de compra-venta de armas a Israel, é dicir: Xunta e Deputación deberían paralisar ou condicionar as súas aportacións ao complimento estricto, sen subterfuxios, dos principios fundamentais do dereito internacional humanitario. Neste xenocidio son máis de 50.000 civís os que foron asasinados en Gaza, entre eles 17.000 nenas e nenos. A maiores, segundo a ONU, arredor de 14.000 bebes están xa a morrer de fame pola estratexia etnocida do Goberno de Israel de obstaculizar a axuda humanitaria.
Xunta, e Deputación Provincial teñen unha obriga moral, que como cidadáns agardamos saiban aplicar en resolucións administrativas acaidas ao caso. Suvencións públicas a festivais si, pero non así.


















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



