A Mariña 12 de xuño de 2025. Máis de dúas mil persoas ateigaron a fronte e os arredores do hospital da Mariña baixo o lema “Pola saúde d@s pacientes da Mariña”. A concentración comezou ás 20 horas co berro unánime de demandas como “Que nos devolvan a Área Sanitaria”, “Tedes degradada a Atención Primaria”, ” Máis persoal na primaria e no hospital” ou “conselleiro actúa que esto é culpa túa”, entre outras. A continuación deuse lectura ao manifesto, lido por representantes de todos os colectivos que convocaban, Plataforma Sanitaria da Mariña, movemento en defensa dos pacientes da Mariña, colectivo Medic@s no Vicedo Xa e a Asociación de Veciños do Casco Antigo de Viveiro.
Desde a Plataforma Sanitaria da Mariña quixeron resaltar o agradecemento as mariñás e mariñaos, que son un exemplo de resistencia e solidariedade e é esta teima a que está a obrigar á consellería a poñer parches para calmar o clamor social. Máis mba Mariña petaron en pedra porque defenfemos o noso e sentimos que o hospital da Mariña, os centros de saúde e a Área Sanitaria son nosas, conclúe a coorfinadora da Plataforma, Montse Porteiro.
MANIFESTO CONCENTRACIÓN 12 DE XUÑO DE 2025
Boa tarde. Esta mesma concentración estase a realizar en numerosas localidades e cidades de Galiza, pero sabede que a da Mariña é a que se prevía que iba ser a máis numerosa de todas… e non se equivocaron nas previsións.
É a máis numerosa por varias razóns: primeiro porque vós, as xentes combativas e alegres da Mariña estades sempre nas loitas nas que nos vai a vida, coma esta pola sanidade e polas pacientes. Máis tamén porque a situación sanitaria da Mariña é a peor con moita diferencia. Non existe nin un solo hospital galego que estea máis desmantelado ca este.
Durante case dous meses puidestes escoitar todas as deficiencias que temos no hospital; contóunolas o movemento “ En defensa dos pacientes da Mariña”, que hoxe xunto coa Plataforma Sanitaria, o colectivo “ Médicos no Vicedo Xa “ e a veciñanza da asociación do casco antigo de Viveiro convocamos esta concentración.
Hoxe novamente temos que agradecervos a vosa presencia, a vosa incombustible ansia de loitar polo noso hospital , pola Área Sanitaria, pola Atención Primaria. Xunto coa Plataforma Sanitaria da Mariña levades QUINCE anos de loita ininterrompida e sen descanso.
Sodes un exemplo de resistencia e de solidariedade. Grazas a isto foron conseguíndose cousas, pequenos parches que non amañan a situación pero evitan que a hemorraxia sexa maior.
Levamos loitando case o mesmo tempo que leva o PP no goberno da Xunta : neste tempo deterioraron a sanidade co obxectivo de degradala tanto que a poboación sinta que non da resposta aos seus problemas de saúde ,para así privatizala, como se a privatización fose a solución máxica.
Fan sempre así, crean o problema para a continuación ofertarche a solución….. a súa solución. Este é o seu plan, máis non contaron con que ma Mariña loitamos contra vento e marea cando hai que defender algo que sentimos como noso. E na Mariña petaron en pedra porque sentimos que o hospital, os centros de saúde e a área sanitaria son nosas.
Foi a supresión da Área Sanitaria da Mariña no ano 2018 o que máis acelerou o desmantelamento do hospital e de Atención Primaria. Máis o desmantelamento comezou no ano 2009. Foron facéndoo aos poucos para que non fose perceptible, de aí a frase que define ao PP e que é un insulto para a xente: A poboación non vai notar nada. O que hoxe acontece na sanidade da Mariña levase advertindo desde o ano 2010, cando naceu a plataforma. Chamáronnos alarmistas e mentireir@s. Máis aquí, dentro das portas deste hospital está a verdade…. E a verdade é desoladora.
NO HOSPITAL DEMANDAMOS:
– Dotación de persoal en todas as categorías…… Máis sanidade pública
– Acabar coas listas de agarda inadmisibles , vergonzosas e falseadas para consultas, probas diagnósticas e intervencións cirúrxicas . Esiximos que rematen estas agardas insoportables que producen agravamento en moitas enfermidades e fan que moitas veces se chegue tarde …… Máis sanidade pública
– Cese das derivacións masivas cara ao HULA e hospitais privados para procedementos e ingresos que antes se asumían na Mariña e que se poden facer na Mariña….Máis sanidade pública.
-Esiximos dotación na Mariña de placas dentais, densitometrías óseas, espirometrías completas, electromiografías,consulta de cirurxía vascular, recuperación da colocación de marcapasos……Máis sanidade pública.
– Demandamos que se manteña aberta a planta de Medicina Interna no verán, servizo troncal e básico dos hospitais . Non consentimos que se peche esta planta de 38 camas cando a poboación vai aumentar por cinco na comarca e as persoas seguen a enfermar…… Máis sanidade pública.
– Saúde Mental. Aumento no número de psiquiatras e psicólogos para garantir unha atención axeitada e diminuír o exceso de medicación , creación doutro servizo de atención domiciliaria, creación na Mariña dun hospital de día infantoxuvenil e dunha unidade de prevención de suicidios, dotación de terapia ocupacional e traballadora social…… Máis sanidade pública
– Dotación de logopedas, terapeutas ocupacionais e fisioterapia respiratoria infantil.
EN PRIMARIA ESIXIMOS
-Cobertura de todos os profesionais que faltan de xeito estable e a tempo completo…Máis sanidade pública.
– Cupos de medicina de familia non superiores a 1250 tarxetas sanitarias e de 800 para pediatría…Máis sanidade pública.
-Pediatras en todos os centros de saúde….Máis sanidade pública.
– Dotar de outros profesionais que son necesarios en primaria como Traballadoras sociais, psicoloxía clínica, logopedas, terapeutas ocupacionais, podoloxía…..Máis sanidade pública.
-Citas ordinarias para medicina de familia que non sobrepasen as 48 horas de espera e 24 horas para urxencias….. Máis sanidade pública.
-Creación do servizo de fisioterapia no centro de saúde de Burela e aumentar fisioterapeutas en Mondoñedo, Ribadeo e Foz para aproveitar ao máximo as instalacións e alixeirar as listas de agarda ….Máis sanidade pública
– Ambulancia medicalizada: Dotación doutra ambulancia medicalizada, necesaria polo número de poboación, a dispersión e os aumentos estacionais. Recuperación do segundo técnico sanitario nas medicalizadas…..Máis sanidade pública.
E ….. A RECUPERACIÓN DA ÁREA SANITARIA ROUBADA
O lema desta concentración,” Pola saúde d@s pacientes da Mariña” foi elixido porque o verdadeiro eixo das nosas loitas, a nosa razón de mobilizarnos foron, son e serán ás persas. Porque todas as persoas somos pacientes. Absolutamente todas.
Para rematar, agradecer a vos presencia e tamén ao colectivo de artistas da Mariña, gobernos municipais, deputad@s provinciais, parlamentari@s e demais cargos institucionais. Esta comarca seguirá loitando sen descanso por o noso hospital, pola Primaria, por unha Área Sanitaria propia como a que existe moi cerca de aquí, na comarca de Ferrolterra,cun número similar de poboación e que está a funcionar razonablemente ben.
NON NOS RENDIMOS NIN NOS RESIGNAMOS.A LOITA CONTINÚA.




















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



