Ribadeo, 29 de xuño de 2025. O Concello ofrécese a podar gratuitamente as palmeiras privadas para decorar a vila coas súas follas no X Ribadeo Indiano.
A concelleira de Turismo e Promoción Económica, Marta Saiz, explica que “estamos na conta atrás para o Ribadeo Indiano e desde a organización, coma todos os anos, precisamos follas de palmeiras para decorar a nosa vila. A todas aquelas persoas que teñan nas súas fincas privadas palmeiras que precisen podar pedímoslles que se poñan en contacto co número de teléfono das oficinas municipais: 982 120 701 desde o luns 30 de xuño ata o mércores 2 de xullo, e desde o Concello persoal municipal pasará a realizar esas tarefas de poda ao longo dos vindeiros días”.
A edil ribadense engadiu: “queremos agradecer, de antemán, a colaboración das veciñas e dos veciños de Ribadeo con este evento, do que celebraremos todos xuntos o décimo aniversario do 11 ao 13 de xullo”.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



