Foz, 23 de xuño, 2025. A asociación cultural A Pomba do Arco organiza o venres 27 de xuño ás 20:30 na Casa da Cultura Poeta Manuel María de Foz unha palestra de Sami Ashour sobre o xenocidio israelí en Palestina.
A palestra Sami Ashour pretende achegar un testemuño de primeira man sobre o xenocidio israelí en Gaza e ofrecer unha análise sobre as condicións de vida poboación gazatí. Neste punto, o acto desenvólvese nun contexto marcado polos crimes contra a cidadanía de Gaza, onde teñen especial relevo o asasinato de crianzas, até o punto de ter asasinado Israel desde 2019 até 2024 máis de 2.471 nenos e nenas. A este respecto, a ONU sinala que Israel xa asasinou no xenocidio máis crianzas que as que morreron no resto de conflitos armados do planeta xuntos entre 2019 e 2023.
A Pomba do Arco apunta que a palestra de 27 de xuño busca ofrecer información non manipulada sobre a situación actual do conflito e fornecer chaves de análise para poder conformar unha opinión sobre o estado no que se atopa a poboación de Gaza. Neste sentido, Israel está negando o aceso da axuda humanitaria á Faixa de Gaza mediante o bloque dos camións que chegan cos produtos básicos na cidade Rafah, na fronteira entre Exipto e Palestina. A este respecto, os organismos internacionais alertan dos graves problemas de fame e desnutrición en Gaza.
Sami Ashour, natural da localidade de Khan Younis, no sur da Faixa de Gaza, onde reside a maioría da súa familia, é o presidente da Asociación galaico-árabe Jenin, que agrupa a comunidade palestina residente na Galiza. A Asociación galaico-árabe Jenin, que agrupa a comunidade palestina residente na Galiza, foi fundada hai 30 anos pola primeira xeración do éxodo palestino que chegou a Galiza a finais da década de 1960 e comezos da de 1970, despois da ocupación de Gaza e Cisxordania.
Ashour, residente en Compostela desde 2007, doutor en Economía e traballador do departamento de proxectos da Universidade de Compostela (USC), é orixinario dunha das cidades máis castigadas polos bombardeos de Israel. Alí en Khan Younis, de onde logrou repatriar a súa nai no mes de abril, residen todos os membros da súa familia, entre eles os seus irmáns, tíos e curmán. Precisamente, na súa palestra achegará información cumprida do acontecido na localidade.





















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



