Muras, 27 de xuño de 2025. O PSdeG-PSOE de Muras reclamou no último pleno municipal que se adopten medidas urxentes para evitar a acampada irregular na área recreativa durante as festas patronais. Segundo denuncian, esta situación repítese por terceiro ano consecutivo sen que o goberno local tome medidas nin propoña alternativas, a pesar das advertencias do grupo socialista.
Durante a sesión, o PSdeG formulou unha batería de preguntas para fiscalizar a acción do executivo e reclamar avances en compromisos adquiridos. As cuestións abordadas foron desde a falta de execución de acordos plenarios ata a xestión dos fondos públicos, pasando pola ausencia de información ante solicitudes rexistradas formalmente sen resposta. A voceira socialista, Jennifer Gómez, advertiu dunha actitude constante de opacidade e evasión por parte do Alcalde.
Unha das cuestións centrais do pleno abordou a situación da área recreativa durante as festas patronais que se celebran esta fin de semana. O PSdeG denuncia que comerciantes ambulantes están a utilizar este espazo municipal para instalar as súas caravanas, vertendo residuos no campo de fútbol e accedendo ao recinto da piscina saltando o peche. “Levamos dous anos advertindo da necesidade de regular esta situación, e este vai ser o terceiro. O Alcalde coñece perfectamente os feitos, pero non toma medidas”, explicou Gómez. Segundo indicou o propio Alcalde, estas persoas contan coa súa autorización para ocupar o espazo, sen que exista unha normativa clara nin medidas de control.
Outro dos asuntos tratados foi o destino dos 21.000€ concedidos pola Deputación de Lugo para actividades destinadas á mocidade. O PSdeG considera necesario coñecer como se empregará o orzamento restante unha vez cuberto o campamento de verán, cun custo estimado de 6.000€. “Solicitamos a memoria de actividades ou algún tipo de planificación, pero seguimos sen ter acceso a esa información, a pesar de pedila en reiteradas ocasións”, sinalou Gómez.
Por outra banda, os socialistas reclamaron información sobre o funcionamento interno do Concello, como o seguimento da documentación das empresas de persoal contratado, así como a xustificación de determinados gastos e contratacións por decreto, sen concurso público. “Solicitamos explicacións sobre facturas relativas a servizos de comunicación, asesoramento legal, actividades culturais ou subvencións a asociacións, e tampouco obtivemos resposta”, indicou a voceira.
Finalmente, o grupo socialista puxo o foco na necesidade de revisar e mellorar as bases das axudas ao estudantado, como xa se fixo coas destinadas ao gasto eléctrico. “Non entendemos por que unhas partidas poden incrementarse e outras non, cando hai familias que quedaron fóra das convocatorias de 2023 por motivos discutibles”, afirmou Jennifer Gómez, quen tamén lamentou que “non se teñan en conta as necesidades de estudantes que residen en Muras pero estudan fóra por conciliación ou outras razóns persoais”.
O PSdeG de Muras denuncia que esta actitude é unha constante por parte do alcalde. “Vaise pola tanxente, sen dar respostas claras nin achegar a documentación solicitada. Seguimos á espera de que nos faciliten a información, porque temos dereito a exercer a nosa función de control como oposición”, concluíu a voceira.




















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



