O Vicedo, 10 de xuño, 2025. O mércores día 11 de xuño terá lugar a presentación da VIII edición da Romaxe Viquinga do Vicedo. Haberá 2 actividades ben diferentes para dar inicio aos actos da Romaxe Viquinga.
-Ás 11h a resolución do concurso de debuxo infantil Romaxe Viquinga, que contará coa presencia do alumnado do @ceip_o_vicedo. Nesta actividade proxectaranse todos os debuxos participantes e haberá premios para os 3 primeiros de cada categoría (primeiro ciclo e segundo ciclo), ademais de agasallos para todos os participantes. Neste acto participará tamén o encargado do deseño dos carteis e camisetas dos últimos anos @cristianfcaruncho ⚔🐴
-Ás 12:30h Presentación oficial da VIII Romaxe Viquinga, que contará coa presencia do Delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, D. Javier Arias Fouz, o deputado da Deputación de Lugo, D. Francisco Cajoto Caserío, e co Alcalde de O Vicedo, D. Jesús Novo Martínez. Neste acto participará tamén o deseñador do cartel e camiseta deste ano, Cristian F. Caruncho e os responsables da parte artística dos últimos anos, Queiman e Pousa.
Nesta presentación tamén se van coñecer os deseños do cartel e camisetas oficiais da Romaxe





















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



