Ribadeo, 13 de xuño de 2025. Recepción no Concello ao Club de Baloncesto Ría de Ribadeo antes de emprender viaxe rumbo a Córdoba para participar no Campionato de España de Minibasket, que se celebrará do 22 ao 28 de xuño.
Xunto a xogadores, adestradores e familiares estiveron o alcalde, Dani Vega, e o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, que felicitou ao Club de Baloncesto Ría de Ribadeo, tras proclamarse campión galego de minibasket masculino e clasificarse para o Campionato de España: “desde o Concello queremos felicitarvos polo éxito conseguido, polo esforzo e pola dedicación. E queremos desexarvos o mellor nesta nova cita. O nome de Ribadeo, estamos seguros, de que vai chegar moi alto. Moita sorte”.
O Club de Baloncesto Ría de Ribadeo poderá viaxar a Córdoba grazas á axuda do Concello e ás achegas particulares da cidadanía ribadense.