Ribadeo, 12 de xuño de 2025. Ribadeo aposta polo turismo de congresos. A vila é escenario dunha intensa actividade estes días no IES Dionisio Gamallo, no centro Pedro Murias e no Salón dos Alcaldes do Concello. O alcalde, Dani Vega, subliñou que o equipo de goberno segue a traballar na desestacionalización turística.
O rexedor contou que “Ribadeo está acollendo moita actividade. Desde que chegamos ao goberno sempre falamos de que era moi interesante celebrar congresos, é dicir, especializarse no turismo de congresos, xa que iso resulta moi atractivo, fala de turismo desestacionalizado e traballamos nesa liña. No día de onte celebráronse dúas actividades importantes. Tivo lugar unha xornada de portas abertas para analizar, para debater sobre o sector primario, sobre a agroganadería ecolóxica convencional, o sector forestal, é dicir toda a formación que se está a desenvolverse en Pedro Murías. Esa actividade tamén concluíu cunha degustación de produtos IXP. Eu creo que é moi importante poñer en valor os produtos de calidade, os produtos de proximidade, os produtos de indicacións xeográficas protexidas, e Pedro Murías está sendo todo un referente. Felicitar á dirección do centro, felicitar todo ese traballo que se está facendo por parte do profesorado, nós vamos seguir nesa liña de colaboración”.
Vega seguiu a relatar: “tamén no dia de onte acollemos unha actividade que tiveron a Universidade de Santiago de Compostela, a Xunta de Galicia, concretamente o ISSGA, onde quixeron analizar, seguir dando pasos, nos traballos que hai que facer na prevención dos riscos laborais. E aquí é moi importante falar de todos eses mecanismos que ten a investigación para mellorar todos os parámetros dentro da xornada laboral e seguir dando pasos na prevención dos riscos laborais. É un congreso tamén de investigación e de formación da Universidade de Santiago. Creo que esas dúas actividades, traballamos nesa liña conxuntamente coa Xunta de Galicia e tamén neste caso coa Universidade de Santiago para acoller eventos que van unidos a sectores estratéxicos dende a formación e dende a investigación”.
O alcalde engadiu: “tamén queremos resaltar a feira da ciencia que celebrou o Instituto Dionisio Gamallo Fierros. Creo que hai que felicitar todo a unha historia de traballo conxunto Susi, Antonio Gregorio, a todos eses profesores que, dunha forma directa ou indirecta, están levantando a bandeira da investigación, da creación e da formación, e desde logo desde o Concello seguimos colaborando con eles. Indicar que a Xunta fixo posible tamén que todos os centros se uniran e cada un fora co seu grupo investigador e explicarnos, explicarvos a todos os ribadenses o traballo que realizaron. Estamos centrados tamén na formación, na formación profesional, na investigación, en activar este tipo de formación para que Ribadeo estea nesa estratexia común, que é focalizar tamén que o emprego nace da formación e é fundamental para que un pobo avance”.





















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



