O cadro laranxa despídese do fino á brasileiro, que foi un dos seus homes máis destacados no curso recentemente finalizado
Burela, 15 de xuño, 2025. Rikelme non renovará a súa vinculación co Burela FS despois de catro tempadas apaixonantes de laranxa nas que puido gozar da cara máis amable do deporte, sendo un dos heroes do último ascenso a Primeira División, e tamén sufriu a máis amarga, con dous descensos e unha lesión grave de xeonllo.
Desde o club non podemos menos que agradecerlle todo o traballo que realizou durante estas catro tempadas, tanto na pista como no proceso de recuperación da súa lesión, no que foi exemplar a pesar da súa mocidade; o seu compromiso e toda a alegría e positivismo que lle achegou aos seus compañeiros e a todos os estamentos da entidade durante a súa estancia en Burela. Así mesmo, desexámoslle a maior das sortes nas novas aventuras deportivas e persoais que emprenda a partir do mes de xullo. Burela e o Burela FS sempre serán a súa casa!
Rikelme Alves Ribeira (Campo Grande, 2002) chegou en agosto de 2021 a Burela para reforzar ao equipo por aquel entón dirixido por Alberto Riquer. Con 19 anos e despois de só seis meses competindo na máxima categoría do seu país, onde destacou pola súa capacidade goleadora, o brasileiro estreábase na Primeira División española. Con todo, na súa primeira campaña de laranxa, o á zurdo non dispuxo de demasiadas oportunidades con Riquer. Unha vez que se produciu o recambio no banco laranxa e coas opcións de permanencia xa moi limitadas, o fino futbolista brasileiro empezou a contar con máis minutos.
Si puido mostrar moito mellor as súas habilidades no seu segundo curso en terras mariñás, xa con David Rial como patrón do conxunto burelés e en Segunda División. Rikelme, que destaca pola súa calidade na perna esquerda, a súa capacidade de desborde e o seu olfacto goleador, viviu no seu periplo en Burela a parte máis amarga do deporte, xa que no terceiro partido das semifinais do play off diante do Sala 10 Zaragoza caía lesionado de gravidade xunto a Pitero. Sen eles, o equipo non lograba o ascenso na eliminatoria final ante o Family Cash Alzira, pero si chegarían ambos á recta final da tempada seguinte para colaborar no regreso a Primeira División nun inesquecible último cruzamento coa UMA Antequera.
Este último curso, o de Campo Grande participou en todos os partidos de Liga e anotou dez goles, demostrando en todo momento ser un dos grandes estiletes do conxunto laranxa grazas á súa calidade e capacidade de caneo. Foi, sen dúbida, unha dos máximos artífices de que o conxunto mariñao mantivese as súas opcións de permanencia ata o último segundo da tempada.






















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



