Barreiros, 24 de xuño de 2025. Un total de 71 persoas visitaron San Andrés de Teixido o pasado domingo, día 22. A viaxe foi organizada pola asociación Camiñantes e Camiños de Barreiros.
O seu presidente, José Manuel Gómez Puente, contou que “71 persoas participaron nesta viaxe. Unhas fixeron a pé o Camiño do Mar desde Cariño ata San Andrés de Teixido e outras chegaron directamente en autobús ata o santuario”.
Gómez Puente dixo que “gozamos dun ambiente moi san e de moito compromiso. Todos xuntos visitamos o banco de Loiba e o Cabo Ortegal. Contemplamos as vistas desde os acantilados máis altos da Europa continental, cumprimos con todas as tradicións en San Andrés de Teixido: mercamos figuras e amuletos feitos con miga de pan, fomos á misa e houbo procesión”.
O presidente de Camiñantes e Camiños tivo palabras de agradecemento para o cura de San Andrés de Teixido, Antonio Rúa, natural de Lourenzá: “porque estaba de comuñóns e veu facernos unha misa so para nós, para os de Barreiros, ás dúas da tarde, e queremos agradecerllo de forma especial. E houbo procesión arredor da igrexa. Foi un momento moi emotivo”.
E engadiu: “pasámolo moi ben, foi un día no meteorolóxico estupendo para a andaina. A xornada rematou cun xantar, en Valdoviño, onde ata contamos con música e os excursionistas se animaron a bailar. Foi unha boa actividade da asociación”.






















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



