Ribadeo, 21 de xuño, 2025. Unha vintena de restaurantes e bares participan nas xornadas de exaltación da ameixa organizadas por Acisa Ribadeo coa colaboración da área de Mar da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Os locais participantes ofrecen desde este venres e ata o domingo este molusco en diferentes receitas, desde as tradicionais ameixas con fabas ou en salsa verde e mariñeira ata ameixas á brasa ou en tostas.
O deputado de Mar Daniel Garcia achegouse este venres a Ribadeo, onde puido compartir valoracións con algúns dos hosteleiros participantes e con Carmen Cruzado e Jesús Pérez de Acisa.
A asociacion ribadense distribuíu entre os locais participantes máis de 200 quilos de ameixas e manteis promocionais para desenvolver esta iniciativa que contribúe á promoción dos produtos do mar a través da oferta gastronómica da hostelería, ao tempo que apoia a dinamización da restauración a e do comercio no ámbito local.