Ribadeo, 16 de xuño, 2025. Tres barcos veleiros e un catamarán de Loktudi, a localidade bretoa irmandada con Ribadeo, recalaron o pasado mércores 11 á tarde ao porto deportivo de Ribadeo, de onde partiron o domingo 16 á mañá.
Durante a súa estancia estiveron acompañados por membros da Asociación de Irmandade Ribadeo-Loktudi, que lles axudaron nas xestións para resolver a avaría dun deles, motivadora do abandono do mastro da embarcación no Golfo de Vizcaia, e que lles mostraron os puntos máis emblemáticos da vila e do concello en xeral.
A visita finalizou cun pequeno convite de despedida, que serviu para establecer novas relacións entre as xentes de ambas vilas irmandadas, e para quedar emprazados para un novo reencontro, esta vez en Loktudi, durante a viaxe que os membros da asociación ribadense realizarán do 1 ao 9 do próximo mes de xullo.
“Aproveitamos para sinalar que, por razóns de última hora, aínda dispoñemos da posibilidade de incorporar a algunha persoa máis no noso grupo, polo que invitamos a todas as persoas que poidan ter algún tipo de interese nesta iniciativa a informarse chamando ao 629 47 52 99”.