Haberá música, unha churrascada popular e moitas máis sorpresas
Viveiro, 30 de xuño de 2025. A Comisión Viveiro en Festas organiza un ‘Vermuteo’ no hórreo de Xunqueira o vindeiro sábado, 12 de xullo, como último acto para recaudar fondos de cara as festas de San Roque.
A música, a comida e a festa, serán as principais protagonistas nesta xornada, que dará comezo ás 13 horas cunha sesión vermú. Á hora de comer haberá unha churrascada popular e, pola tarde, seguirá a música ata o solpor, con sorteos e moitas sorpresas.
Esta será a derradeira acción da Comisión antes das Festas de San Roque, que se celebrarán desde o 14 ata o 17 de agosto. No lugar tamén haberá un posto de merchandising, onde se poderán adquirir as camisetas, tote bags e tazas das Festas.
Un dos compromisos desta nova comisión era o de mesturar tradición e innovación. Logo de organizar dúass actividadess como a cea de Antroido e o Día das Tortillas, cunha gran historia na vila, chega o vermuteo, que reúne dúas das actividades frescas e actuais, como son a sesión vermú e o tardeo.
Desde a Comisión queren convidar a “todo o mundo a achegarse ata o campo da festa de Xunqueira a pasar unha xornada fantástica en familia con música, churrasco, moi bo ambiente e moitas sorpresas”.
Por último, a asociación quere “darlle as grazas á Escola de Rugby Astérix de Viveiro por facilitarnos o hórreo para realizar esta actividade”.