Ribadeo, 22 de xullo de 2025. A Banda Municipal de Música de Ribadeo celebrará o seu tradicional concerto do Día da Patria este venres, día 25 de xullo, ás 20:30 horas no Campo de San Francisco pero en caso de mal tempo trasladaríase ao auditorio municipal Hernán Naval. É a terceira actuación que ofrecerá este mes a Banda ribadense, despois dos concertos no Ribadeo Indiano e no XXVIII Festival de Bandas.
O director da formación, David Ballester Martínez, anuncia: “seguimos coa programación da Banda Municipal de Música de Ribadeo e, despois do concerto do Ribadeo Indiano e do Festival de Bandas, este venres 25 as oito e media da tarde no Campo de San Francisco vai ter lugar o xa tradicional concerto do Día da Patria. Farémolo ao aire libre se o tempo nolo permite e senón trasladarémonos ao auditorio Hernán Naval. Este concerto vai estar composto por obras de temática galega e un repertorio variado. Polo cal toda a xente que se encontre o día da nosa comunidade en Ribadeo se ten a ben achegarse ás oito e media da tarde ao Campo de San Francisco esperemos que disfruten de todo o repertorio que imos interpretar”.





















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



