Á cita acudiron máis dun centenar de persoas. No espectáculo, que atraeu a un numeroso público, realizouse unha viaxe emocional pola historia do mar galego, fiado a través de relatos reais e cantigas populares interpretadas en directo. A obra recupera vivencias de naufraxios na Costa da Morte, rendendo homenaxe tanto a quen perdeu a vida no mar como a quen quedou en terra: viúvas, orfos e persoas que prestaron auxilio, co obxectivo de que as súas historias non caian no esquecemento.
