A gardameta brasileira renova o seu compromiso “con moita ilusión” e ganas de demostrar a súa valía
Burela, 18 de xullo, 2025. A porteira brasileira Ana Eliza continuará unha campaña máis no Burela FS logo de que nos últimos días renovase o contrato que a unía coa entidade mariñá. Será a terceira tempada consecutiva desta gardameta de 25 anos baixo os paus da meta laranxa. O pasado curso, Ana Eliza participou en 17 encontros de liga regular, nos cales en 15 formou parte do quinteto inicial. Destaca pola súa axilidade baixo paus, o seu bo un contra un e a súa envergadura.
Ana Eliza Ribeiro de Oliveira (Passa Quatro-Minas Gerais, 12-07-2000) completou a súa primeira campaña íntegra no Burela FS na tempada recentemente finalizada, logo de que na anterior fose cedida na primeira metade da mesma ao Viaxes Amarelle coruñés e regresase en xaneiro de 2024 á disciplina burelista para asumir a complicada tarefa de suplir a marcha de Jozi a Italia. Conta con outros dous anos de experiencia na máxima categoría española logo de defender, previamente ao seu desembarco en Burela, os marcos do Joventut D’Elx e a AD Sala Zaragoza.
Ana Eliza asegura estar con moitas ganas de afrontar este novo reto e de demostrar as súas condicións. “Estou moi ilusionada e para min é unha gran responsabilidade, xa que ata o de agora o equipo estaba composto por moitos nomes de referencia”, explica. Así mesmo, relata que era o momento para apostar polo club. “Co Burela FS aprendín moito e agora é o momento de dar un paso adiante. Creo que debía quedarme para demostrar o meu compromiso e defender ao club, tanto nos bos momentos como nos non tan bos”, apunta.
A pesar da renovación practicamente íntegra do persoal laranxa, Ana Eliza está ansiosa xa de que comece a pretemporada. “É un momento de cambio, pero eu estou entusiasmada e vou estar a lume de biqueira e a dar o máximo de min”, indica. Finalmente, cre que é o momento de demostrar o seu nivel. “Vexo esta tempada como unha oportunidade para demostrar o que podo achegar ao equipo, tanto a nivel individual como colectivamente. Confío moito neste proxecto humilde, pero con aspiracións, que tamén servirá para que se vexa o bo traballo que leva realizando na base do club nos últimos anos. Sairemos adiante!”, conclúe entusiasmada.






















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



